12/10/2025
O pasado xoves celebramos en Hamburgo unha homenaxe a Rosalía de Castro 🌹, en colaboración co Departamento de Románicas da universidade da cidade 🎓, cuxo portavoz foi o profesor Dr. Markus Schäffeuer, e co Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel, que contou coa participación do Dr. Facundo Muniain Reyna.
Durante o acto realizouse unha interpretación literaria da obra de Rosalía 📖✨ e púxose de relevo o importante papel que desempeñou no ámbito da emigración 🌍. Ademais, os asistentes puideron g***r dalgunhas das súas poesías musicadas 🎶 grazas á excelente interpretación da mezzosoprano Pavla Mlčáková 🎤.
A xornada concluíu cun micro aberto 🎙️, no que o público leu poemas escollidos de Rosalía 📚, e, como non podía faltar, cunha queimada 🔥 e foliada 🪗💃.
A obra de Rosalía espertou unha fonda fascinación entre o público 💫. Conseguimos poñer en valor a súa extraordinaria calidade literaria ✍️ e atraer novos lectores no norte de Alemaña 🇩🇪.
Agardamos que esta iniciativa sirva para acender a chispa 🔥 que lle permita ocupar un lugar destacado na comunidade universitaria da cidade hanseática, unha inmellorable porta de entrada para a nosa lingua e cultura 🌐🌿.