A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, situada no Campus de Ourense, oferta tres titulacións propias, o Grao en Xeografía e Historia (modalidade presencial e semipresencial), o PCEO en Turismo e Xeografía e Historia, e o Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural (modalidade semipresencial). Ademais participa coa USC (coordinadora) e a UdC no Máster e
n Arqueoloxía e Ciencias de Antigüidade que se imparte na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela e que conta coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC. No curso 2020-2021, ampliáronse as causas para adscribirse á modalidade semipresencial do Grao en Xeografía e Historia; así, xunto ás obrigas de carácter laboral, familiar, atención a persoas dependentes, actividades deportivas de alto nivel, necesidades educativas especiais, incluíronse os problemas de carácter económico. O proceso para acollerse a esta modalidade realizarase unha vez formalizada a matrícula, haberá que encher o seguinte impresohttp://historia.uvigo.es/images/docs/facultad/formularios/impreso_matricula_semipresencial.pdf , e remitilo xunto coa documentación xustificativa pola Sede Electrónica da Universidade de Vigo (sede.uvigo.gal). O profesorado poñerá a disposición deste alumnado o material preciso a través da plataforma de teledocencia Moovie e os medios para a superación das materias. Así mesmo o profesorado da Facultade de Historia está incluído nos Programas de Doutoramento de Protección do Patrimonio Cultural e o Doutoramento do Campus da Auga. O noso lema: susténtase nas nosas vantaxes, entre as que podemos destacar: un grao de carácter xeralista (historia, arte e xeografía), atención personalizada, proximidade con toda a comunidade universitaria, ampla oferta en institucións e empresas para realizar as prácticas externas, variada oferta de actividades extraacadémicas e a posibilidade de realizar estancias SICUE e Erasmus+ .