Proxecto Louceiros de Bamio

Proxecto Louceiros de Bamio @sdeBamio é un proxecto para a recuperación de memoria oral compartida da parroquia de Bamio,

LOUCEIR@S DE BAMIO E A NOSA HISTORIA ORAL

A parroquia de San Xinés de Bamio, está situada na marxe sur do estuario do Ulla, na ría de Arousa. Trátase dunha paisaxe litoral fortemente modificada nos derradeiros anos pola acción humana, no que convive un aproveitamento rural tradicional e tamén de ámbito urbano. A importante tradición oleira ou louceira de Bamio, coñecida a través de documentos his

tóricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas, está totalmente perdida na actualidade. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio abandonaron o traballo do barro e a súa memoria perdeuse, a diferencia doutras tradicións conservadas ou recuperadas en Galicia (como as de Buño ou Gundivós...), aínda que coñecemos pezas orixinais saídas dos seus fornos, e conservadas en importantes coleccións e museos, como o Museo do Pobo Galego, ou o Museo de Pontevedra. Tamén podemos atopar polas leiras e xardíns de Bamio, restos de louza, rodas de oleiro, píos e outros elementos. Dende hai uns meses a Asociación de Mulleres Rurais xunto a Beatriz Comendador, investigadora e profesora da Universidade de Vigo, levamos traballando no proxecto Louceiros de Bamio. A intención é a recuperación de memoria oral compartida da parroquia de Bamio, para conservar e revitalizar aspectos que, xuntamente coa memoria dos louceiros, teñen conformado a nosa cultura. Creemos que un proxecto así podería ser beneficioso para a veciñanza e precisamos da vosa colaboración, o que podedes facer de diferentes xeitos:
• Falando cos mais vellos, que quizais lembren cousas como o nome dos lugares e outras historias.
• Buscando fotografías antigas
• Buscando se queda louza polas casas e os xardíns, ou outros elementos como rodas ou pías
• Recollendo e aportando lembranzas e saberes da zona
• Participando nos distintos eventos e reunións que terán lugar
• etc
Ti decides:
• Que coñecemos?
• Que conservamos?
• Que protexemos?

Xa podedes visitar a nosa exposición temporal durante todo o mes de maio no Centro Arqueolóxico do Barbanza 😊Centro Arqu...
29/04/2026

Xa podedes visitar a nosa exposición temporal durante todo o mes de maio no Centro Arqueolóxico do Barbanza 😊
Centro Arqueolóxico do Barbanza.
Universidade de Vigo
Mulleres Rurais De Bamio

📢 Durante o mes de maio, no Centro Arqueolóxico do Barbanza poderedes visitar a exposición temporal “Louza de Bamio. Memoria, mulleres e territorio” no noso horario habitual.

🏛 Unha oportunidade única para descubrir unha tradición oleira hoxe desaparecida, propia de San Xinés de Bamio, que forma parte da nosa identidade e da historia do noso territorio.

A mostra pon en valor o traballo co barro e o papel fundamental das mulleres na transmisión deste saber ao longo do tempo.

Proxecto Louceiros de Bamio Universidade de Vigo

Dirección

Bamio
Vilagarcía De Arousa
36618

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Proxecto Louceiros de Bamio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Proxecto Louceiros de Bamio:

Compartir