Universidade da Coruña

Universidade da Coruña En constante cambio A Universidade da Coruña é unha universidade moderna, innovadora e dinámica. A UDC conta con viveiro de empresas e Parque Tecnolóxico.

Ten 21 facultades e escolas propias e 3 adscritas nos campus da Coruña e Ferrol, nas que se imparten 38 graos e 53 mestrados oficiais a uns 24.500 estudantes. A UDC fomenta a mobilidade internacional tanto para estudar como para facer prácticas en empresas europeas. A satisfacción do estudantado coa UDC é superior á media universitaria española, ao igual que a inserción laboral e o índice de emprendemento dos seus titulados.

🎓 A Universidade da Coruña inicia o curso 2026-2027 con preto de 13.700 estudantes de grao, dos que máis de 3.400 se inc...
07/09/2026

🎓 A Universidade da Coruña inicia o curso 2026-2027 con preto de 13.700 estudantes de grao, dos que máis de 3.400 se incorporan este ano por primeira vez.

✅ O 78,6 % das titulacións teñen cubertas todas as prazas ofertadas.
✅ 8 de cada 10 graos presentan unha ocupación igual ou superior ao 100%.

Dámosvos a benvida á UDC!!!

🔗Máis info: https://bit.ly/ApC2627

06/09/2026

Que pasa cando a ciencia de vangarda e o talento musical xuvenil se atopan?
Pura maxia. 🚀🎶
O tunel de vento, a dársena de portos e os laboratorios do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil-CITEEC da Universidade da Coruña convertéronse no escenario do novo videoclip de Starband, a banda gañadora do festival Torre67 Fest da Escuela Municipal de Música de A Coruña
Un traballo audiovisual producido por Álvaro Díaz que amosa as nosas instalacións desde unha perspectiva totalmente diferente.

▶️ Accede ao videoclip íntegro en https://bit.ly/CITEEC_stardband

🔬 A Universidade da Coruña logra o respaldo da European Commission para o programa INTALENT, que contará con 2,7 millóns...
04/09/2026

🔬 A Universidade da Coruña logra o respaldo da European Commission para o programa INTALENT, que contará con 2,7 millóns de euros de financiamento a través das accións Marie Skłodowska-Curie de Horizonte Europa.

🌍A iniciativa, desenvolvida en colaboración co Grupo Inditex, a única galega seleccionada e unha das 5 a nivel nacional, permitirá incorporar 15 investigadores e investigadoras posdoutorais internacionais aos centros de investigación da UDC, reforzando a captación de talento científico de excelencia e a proxección internacional da Universidade.

➕info 🔗 https://bit.ly/4x5fLrW

🔬 Demos a benvida ao novo persoal investigador predoutoral incorporado ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a f...
04/09/2026

🔬 Demos a benvida ao novo persoal investigador predoutoral incorporado ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a formación de doutoras e doutores.

🧑‍🔬Unha convocatoria na que a UDC obtivo un total de 14 axudas, que permitirán desenvolver teses de doutoramento e realizar estadías de investigación no estranxeiro.

https://bit.ly/4zMYM06

🔬 A investigadora da UDC Itziar Sobrino, do centro interuniversitario ECOBAS-Economics and Business Administration for S...
03/09/2026

🔬 A investigadora da UDC Itziar Sobrino, do centro interuniversitario ECOBAS-Economics and Business Administration for Society, vén de conseguir unha axuda Starting Grant, concedida polo European Research Council unha das axudas máis prestixiosas e competitivas de Europa.

💶 Dotada con 1,5 millóns de euros, permitirá desenvolver o seu proxecto ENACT, co que analizará a aplicación das políticas ambientais da UE unha vez chegan a nivel local. O obxectivo: mellorar a súa eficacia en ámbitos clave como a xestión de residuos e a eficiencia enerxética dos edificios. Parabéns👏

🧑‍🔬Este recoñecemento reforza a presenza da UDC nos programas europeos de excelencia investigadora e impulsa a súa proxección internacional.

🔗https://bit.ly/4x5Wrek

🧪 Máis de 400 estudantes visitarán este curso os laboratorios do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía a t...
03/09/2026

🧪 Máis de 400 estudantes visitarán este curso os laboratorios do CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía a través dunha nova edición de .

Entre eles, 20 poderán vivir a experiencia de integrarse nun grupo de investigación e desenvolver os seus propios experimentos. Ademais, nesta edición "incrústaranse" tamén docentes dos centros educativos.

📅 Prazo aberto ata o 30 de setembro 👉https://bit.ly/4xGa6d2

🔬 IBEREO 2026 converte o Campus Industrial Ferrol en punto de encontro internacional da investigación en reoloxía. 📅🧑‍🔬D...
02/09/2026

🔬 IBEREO 2026 converte o Campus Industrial Ferrol en punto de encontro internacional da investigación en reoloxía.

📅🧑‍🔬Durante tres xornadas, preto dun cento de investigadores e investigadoras de 12 nacionalidades compartirán os últimos avances no estudo dos materiais e os seus múltiples ámbitos de aplicación, desde a alimentación e a biomedicina ata a enerxía e a industria.

A cita está coordinada polos grupos de Polímeros e PROTERM do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni.

🔗https://bit.ly/3TdNYrr

02/09/2026

Un día despois do seu nomeamento, aquí están as novas persoas á fronte das vicerreitorías de Planificación Estratéxica, Profesorado, Estudantes e Empregabilidade e Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial, de nova creación, así como da Xerencia da UDC.
Coñéceas un pouco máis e descubre os seus equipos 👇
https://udc.gal/es/goberno/equipo_reitoral/

🔊📰 A UDC reorganiza a estrutura do seu Equipo de Goberno e crea a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Art...
01/09/2026

🔊📰 A UDC reorganiza a estrutura do seu Equipo de Goberno e crea a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial

🏫A Reitoría acolleu hoxe a toma de posesión dos novos titulares de Planificación Estratéxica; Profesorado; Estudantes e Empregabilidade; da recén creada Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial e da Xerencia. Benvid@s

📷Aquí o equipo reitoral ao completo.

+info: https://bit.ly/4gyYVve

☀️🏖️ Chegou o momento de parar, desconectar e g***r do verán. 🌊Na Universidade da Coruña marchamos de vacacións, pero vo...
14/08/2026

☀️🏖️ Chegou o momento de parar, desconectar e g***r do verán.

🌊Na Universidade da Coruña marchamos de vacacións, pero volveremos en setembro con novas ideas, proxectos e moitas ganas de seguir compartindo coa todas as novas e acontecementos!

🤗Grazas por acompañarnos durante todo este curso. Vémonos en setembro con novas historias, proxectos e ilusións! 👋💙

Dirección

A Maestranza, 9
A Coruña
15001

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Universidade da Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Universidade da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría