29/11/2021
Con motivo destas datas tan sinaladas como é o Nadal, dende a Delegación de Estudantes da ETSECCP decidimos poder axudar a persoas que máis o precisen e sobre todo, que teñan unha pequena ilusión debaixo do seu árbol.
Xunto á entrada da Escola dispuxéronse unhas mesas para poder deixar o detalle que consideres. Como ben pon no cartel, podes entregar dende xoguetes ou libros que xa non precises ata calquer tipo de alimentos.
Para finalizar, quen se olvidara ou non poida traer nada, celebrarase unha chocolatada solidaria, na cal cada un depositará a cantidade que crea conveniente. O diñeiro recaudado destinarase á compra de diferentes alimentos para poder doalos.
Calquera pregunta ou dúbida non dubides en facernola en calquera das nosas redes sociais ou no noso correo electrónico.
ESPERAMOSVOS!