07/09/2026
Incorporamos a preparación de Técnico de Facenda para o Estado, unha nova especialidade cun equipo de preparadores de alto nivel e unha preparación integral desde o inicio da oposición.
En Nós Oposicións seguimos ampliando a nosa oferta formativa con unha nova proposta: a preparación da oposición de Técnico de Facenda.
Unha preparación deseñada para afrontar a oposición con planificación, acompañamento e unha metodoloxía específica, contando desde o primeiro momento cun equipo de profesionais que coñecen de primeira man tanto o funcionamento da Administración tributaria como as esixencias dunha oposición deste nivel.
Un equipo con experiencia profesional e coñecemento da oposición. Un dos principais valores desta nova preparación é o seu equipo de preparadores, formado por funcionarios da Axencia Tributaria e por unha Inspectora de Facenda que acaba de superar a oposición. Experiencia profesional dentro da Axencia Tributaria e coñecemento directo do proceso de oposición, unha combinación especialmente relevante para unha preparación destas características.
Comezamos en Setembro nos centros de Coruña e Lugo!😊