Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC Nalgún lugar do Campus de Elviña, cerca dos castros que abrigaron os bravos pais da nosa estirpe,

"INDITEX. Globalización, sector e finanzas”O vindeiro venres 30 de outubro ás 13:00 h. no Salón de Actos da Facultade, t...
26/10/2026

"INDITEX. Globalización, sector e finanzas”

O vindeiro venres 30 de outubro ás 13:00 h. no Salón de Actos da Facultade, terá lugar a conferencia inaugural do curso 2026/27 que será impartida por Don Ignacio Fernández Fernández, director xeral corporativo de INDITEX e profesor deste centro.

Mañá é 24 de Outubro, o  Día das bibliotecas.📚📖E sabémolo porque os libros aínda non se catalogan solos, as bibliografía...
23/10/2026

Mañá é 24 de Outubro, o Día das bibliotecas.
📚📖
E sabémolo porque os libros aínda non se catalogan solos, as bibliografías dos TFGs non se explican por xeneración espontánea, as búsquedas bibliográficas non se resolven por telepatía e os recursos electrónicos seguen empeñados en necesitar xestión humana.

Se algún día chega esa ansiada revolución que sexa quen de facer todo iso, por fin poderemos dedicarnos ao importante: ler tranquilamente todos eses libros que levamos anos rodeando mentres facemos funcionar a biblioteca.

Mentres, aquí seguimos, axudando a estudantes, profes e investigadores a atopar, avaliar e usar a información que necesitan.

Por iso, no Día das Biblioteca, lembramos algo tan sinxelo como necesario:
SEN PROFESIONAIS NON HAI BIBLIOTECAS.



A II Feira de emprendemento e de apoio ao emprego 2026 é un encontro entre empresas e entidades e estudantes da Universi...
20/10/2026

A II Feira de emprendemento e de apoio ao emprego 2026 é un encontro entre empresas e entidades e estudantes da Universidade da Coruña de todas as titulacións para coñecerse, explorar posibilidades e activar o futuro da nosa contorna.

📌Máis información en: https://www.udc.gal/gl/emprego/impulsa-t/

📚 Tes que facer o TFG? A Biblioteca bótache unha man.📌Do 3 ao 5 de novembro‼✅ Mellora as túas competencias informacionai...
20/10/2026

📚 Tes que facer o TFG?
A Biblioteca bótache unha man.

📌Do 3 ao 5 de novembro‼

✅ Mellora as túas competencias informacionais
✅ Aprende a localizar e xestionar fontes fiables
✅ Resolve dúbidas sobre a elaboración do TFG

📆Inscríbete ata o 30 de outubro

O político e economista galego, Xosé Manuel Beiras, finou na súa casa da Reboraina (A Coruña) aos 90 anos. Foi unha figu...
08/10/2026

O político e economista galego, Xosé Manuel Beiras, finou na súa casa da Reboraina (A Coruña) aos 90 anos. Foi unha figura clave de la política galega dende a época da ditadura e un dos máximos expoñentes do nacionalismo galego, defensor da autodeterminación de Galicia. Catedrático de Estrutura Económica de la USC, desenvolveu durante décadas unha importante labor académica e publicou numerosos ensaios sobre economía, política y nacionalismo, entre eles o determinante ensaio 'O atraso económico de Galiza (1973) unha das súas obras más coñecidas e unha referencia dentro do pensamento económico galego. Para renderlle homenaxe na Biblioteca de Economía e Empresa estamos a preparar unha mostra das súas obras máis salientables. D.E.P.

Xa está dispoñible na biblioteca o novo libro de Elvira Lindoso, profesora da nosa facultade.Unha lectura que pon o foco...
15/09/2026

Xa está dispoñible na biblioteca o novo libro de Elvira Lindoso, profesora da nosa facultade.

Unha lectura que pon o foco na figura feminina na empresa turística española, abordando o seu papel, contribucións e retos dende unha mirada rigorosa e actual.

Ademais do seu interese polo contido, destaca pola súa coidada edición, que convirte a obra nunha lectura moi enriquecedora.

Xa está preparado o expositor coas últimas incorporacións da biblioteca. Achégate á biblioteca e descubre os novos títul...
08/09/2026

Xa está preparado o expositor coas últimas incorporacións da biblioteca.
Achégate á biblioteca e descubre os novos títulos dispoñibles para o préstamo.

Tamén podes consultar o boletín de novidades en:
🔗https://www.calameo.com/read/0079726163a13512b2686

Xa está aquí o novo curso!!Volven as clases, os traballos, os cafés para batallar co sono e as buscas imposibles de últi...
07/09/2026

Xa está aquí o novo curso!!

Volven as clases, os traballos, os cafés para batallar co sono e as buscas imposibles de última hora.

Nós seguimos aquí, coas portas abertas, wifi, libros, recursos e ese recuncho perfecto para concentrarse no estudo (ou, polo menos, intentalo 😉)

Vémonos na biblioteca!

11/08/2026
Como vai ser a   do vindeiro 12 de agosto?Como g***r dela sen riscos?Cales son os mellores consellos para unha visión óp...
24/07/2026

Como vai ser a do vindeiro 12 de agosto?
Como g***r dela sen riscos?
Cales son os mellores consellos para unha visión óptima?
A todo isto tedes resposta neste material elaborado pola Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña: https://www.udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse/

Dirección

Campus Elviña, S/N
A Coruña
15071

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30

Teléfono

+34881012471

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC:

Atajos

Compartir