Fundación Universidade da Coruña

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Fundación Universidade da Coruña Desde 1997 unindo Universidade e Empresa

Aberta a inscrición no VIII curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo...
27/10/2026

Aberta a inscrición no VIII curso sobre a Economía Circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº 12
O curso está dirixido a profesionais, licenciados e estudantes que queiran profundar no concepto da Economía Circular para abordar os retos do Desenvolvemento Sustentable Global, ademais de complementar as súas capacidades curriculares.
📆venres 13, 20 e 27 de novembro de 2026.
🕐Horario: de 9:00 a 14:00 horas
📌Lugar: Sala de Vistas da Facultade de Dereito. Campus de Elviña, s/n
👉Preinscrición e matrícula:
▶️ Datas de inscrición e matrícula: do 15 de outubro ao 11 de novembro de 2025 ou ata completar aforo.
Apúntate🔎https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=2442&idioma=GA . Prazas limitadas!!
🗣️ Matrícula reducida para desempregados e exalumnos UDC e de balde para estudantes e persoal UDC

Universidade da Coruña Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa Consello Social UDC FEE UDC Servizo de Biblioteca da UDC Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC Green Campus - Facultade CC da Educación UDC

🔬🌱 A Cátedra Epifanio Campo convoca a cuarta edición do seu Premio de Divulgación Científica!Estudas na Universidade da ...
27/10/2026

🔬🌱 A Cátedra Epifanio Campo convoca a cuarta edición do seu Premio de Divulgación Científica!

Estudas na Universidade da Coruña? Esta é unha oportunidade para achegar a ciencia á sociedade e contribuír á sensibilización sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. ♻️

📹 Presenta a túa proposta multimedia —vídeo, infografía, fotografía, ilustración ou animación— sobre economía circular, auga, enerxía, recursos naturais ou xestión e valorización de residuos industriais.

🏆 Premios:
🥇 1.200 € para o traballo gañador.
🎖️ Ata tres accésits de 300 €.

👩‍🎓 Poden participar estudantes de grao, máster e doutoramento da UDC matriculados no curso 2026-2027, de xeito individual ou en grupo.

📅 Prazo de presentación: ata o 29 de xaneiro de 2027.

👉 Consulta as bases e accede aos formularios de inscrición: https://www.fundacion.udc.es/noticia.asp?id=1038&idioma=GA

Anímate a compartir a túa creatividade e a demostrar como a ciencia pode contribuír a un futuro máis sostible! 🌍💚

🚀 Aberto o prazo de inscrición na X edición de  !🎓 Remataches os teus estudos universitarios ou de FP Superior en Galici...
25/10/2026

🚀 Aberto o prazo de inscrición na X edición de !

🎓 Remataches os teus estudos universitarios ou de FP Superior en Galicia e tes menos de 30 anos? Se es beneficiaria/o do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia, esta oportunidade é para ti!

💡 Dá o paso cara ao teu futuro profesional!

Xuventude Mentoring é un programa pioneiro en Galicia que combina formación, mentoring e networking para acompañarte no acceso ao mundo laboral, mellorar as túas competencias e impulsar a túa empregabilidade.

🤝 Que che ofrece? ✅ Formación para mellorar as túas habilidades profesionais. ✅ Actividades de networking para ampliar a túa rede de contactos. ✅ Acompañamento personalizado de persoas mentoras vinculadas ao empresariado galego. ✅ Ferramentas para impulsar a túa carreira profesional, tanto por conta propia como allea.

📈 Máis do 50 % das persoas participantes nas dúas últimas edicións están traballando!

📅 Non deixes pasar esta oportunidade! Podes inscribirte ata o 2 de novembro ás 23:59 h, inclusive.

👉 Inscríbete aquí: https://www.xuventudementoring.gal/inscripcion-formulario-x-edicion/

ℹ️ Máis información en: https://www.xuventudementoring.gal/

Un programa promovido pola Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas —Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela— e a FUAC, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

✨ O teu talento, o teu futuro, a túa oportunidade!



Xuventude Galicia Xunta de Galicia Universidade da Coruña Consello Social UDC Campus Industrial Ferrol Delegación Estudiantes Caminos UDC Representantes de Estudantes Consello de Goberno UDC Universidade de Vigo Campus de Ourense da Universidade de Vigo Alumni UVigo Universidade de Santiago de Compostela FPGalicia

🥗 LEMBRADE! | OUTUBRO SAUDABLE 2026Desde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC e a Universidade Sénior da UDC, lembrámosvos que m...
22/10/2026

🥗 LEMBRADE! | OUTUBRO SAUDABLE 2026

Desde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC e a Universidade Sénior da UDC, lembrámosvos que mañá, 23 de outubro, terá lugar a palestra «Nutrición e enfermidades crónicas», impartida por Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

📅 Data: venres, 23 de outubro

🕚 Horario: de 11:00 a 13:00 h

📍 Lugar: Campus de Ferrol

Será posible asistir sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

Se queredes coñecer máis sobre a diabetes, esta é unha estupenda oportunidade! Na palestra abordaranse, entre outras cuestións, aspectos relacionados con esta enfermidade e co papel da alimentación na prevención e no control das enfermidades crónicas.

Agardámosvos! 😊


Universidade Sénior da Coruña Vegalsa Eroski Universidade da Coruña Consello Social UDCCampus Industrial Ferrol Espazo Compartido Quincemil Corresponsables

🥗 OUTUBRO SAUDABLE 2026 | UNIVERSIDADE SÉNIOR DA UDCDesde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicació...
19/10/2026

🥗 OUTUBRO SAUDABLE 2026 | UNIVERSIDADE SÉNIOR DA UDC

Desde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación y Reputación corporativa e a Universidade Sénior da Universidade da Coruña , animámosvos a participar nunha nova actividade do programa Outubro Saudable 2026, unha iniciativa que promove a alimentación saudable e os hábitos de vida que contribúen ao benestar e á saúde.

📅 O vindeiro 23 de outubro, de 11:00 a 13:00 h, convidámosvos á palestra «Nutrición e enfermidades crónicas», impartida por Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

Unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o papel da nutrición na prevención e no manexo das enfermidades crónicas, e para reflexionar sobre a importancia dunha alimentación saudable no noso día a día.

📍 Lugar: Campus de Ferrol

🕚 Horario: de 11:00 a 13:00 h

📝 Inscrición previa obrigatoria a través da seguinte ligazón->https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WGyDl2MRc0fhFrOhyiueRrkdUQklIUE9FN0RVTDY1MU5KUVIzVDlTQ0gwNy4u&route=shorturl

Agardámosvos! 😊

Universidade Sénior da Coruña Vegalsa Eroski Universidade da Coruña Consello Social UDCCampus Industrial Ferrol Espazo Compartido Quincemil Corresponsables

🥗 OUTUBRO SAUDABLE 2026 | UNIVERSIDADE SÉNIOR DA UDCDesde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicació...
19/10/2026

🥗 OUTUBRO SAUDABLE 2026 | UNIVERSIDADE SÉNIOR DA UDC
Desde a Cátedra Vegalsa-Eroski UDC de Compromiso Social, Comunicación y Reputación corporativa e a Universidade Sénior da Universidade da Coruña animámosvos a participar nunha nova actividade do programa Outubro Saudable 2026, unha iniciativa que promove a alimentación saudable e os hábitos de vida que contribúen ao benestar e á saúde.

📅 O vindeiro 22 de outubro, ás 11:00 h, convidámosvos á palestra «Nutrición e enfermidades crónicas», impartida por Teresa Martínez Ramonde, xefa do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

Unha excelente oportunidade para afondar na importancia da nutrición na prevención e no manexo das enfermidades crónicas, e para descubrir como os hábitos alimentarios poden contribuír ao coidado da nosa saúde.

📍 Lugar: Universidade Sénior da UDC, en Normal (Paseo de Ronda, 47, 1.º, A Coruña).

🎟️ Entrada libre ata completar aforo.

Animádesvos a participar? Agardámosvos! 😊

Universidade Sénior da Coruña Vegalsa Eroski Universidade da Coruña Consello Social UDCCampus Industrial Ferrol Espazo Compartido Quincemil Corresponsables

Dirección

Paseo De Ronda 47, 2º
A Coruña
15011

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Teléfono

+34981167000

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Universidade da Coruña publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Fundación Universidade da Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría