Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC

Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC No Campus da Zapateira atoparedes a Biblioteca que dá servizo ás Facultades de Filoloxía e Turismo

05/06/2026

🎭 O Concello e a compañía Noite Bohemia achegan o teatro clásico ás rúas e lugares emblemáticos da cidade

👉 Ao longo de xuño e xullo ofreceranse funcións gratuítas de obras de autores como Shakespeare ou Eurípides

ℹ️ https://i.gal/EfvAU

Mañán comezan as probas de acceso á universidade (PAU) e a Facultade de Filoloxía é unha das sedes que acollerá os exame...
01/06/2026

Mañán comezan as probas de acceso á universidade (PAU) e a Facultade de Filoloxía é unha das sedes que acollerá os exames. Durante 3 días miles de alumnos intentarán conseguir a nota necesaria para o grao da súa elección. Moita sorte a tod@s!!!

27/05/2026

Horario de verán na Biblioteca Universitaria da 😎⛱️🌄

Xuño, xullo: 09:00 h - 20:00 h
Agosto: 09:15 h - 13:45 h
Setembro ata o día 4: 09:00 - 20:00 h

26/05/2026

A Oficina de Relacións Internacionais da UDC organiza a International Summer School (ISS), que terá lugar do 13 ao 24 de xullo no Campus da Zapateira.

Unha oportunidade única para participar en cursos impartidos por profesorado internacional, centrados en temáticas actuais e variadas.

Prazo de inscrición: ata o 15 de xuño

Se es estudante da UDC poderás:
• Obter 3 créditos ECTS
• Practicar idiomas en contexto real
• Descubrir novas culturas
• Ampliar a túa rede de contactos internacionais

Dá o paso e vive unha experiencia académica diferente este verán!

Información: https://www.udc.es/es/iss/





20/05/2026

Última sesión do Club de Lectura

O próximo mércores 17 de xuño pecharemos o club de lectura deste curso falando de "O bosque animado" de Wenceslao Fernández Flórez 🌿📖

🕡 Atención ao horario: nesta ocasión, a sesión do club comezará ás 18:30 h.

Como broche final, propoñémosvos unha actividade moi especial: 🏡 Visita guiada a Villa Florentina, a casa-museo do autor.

📝 No formulario de inscrición atoparedes unha opción para que nos digades se queredes participar na visita.

ℹ️ Información importante sobre a visita:

🕟 Hora: 16:30 h

🚗 Desprazamento: por conta propia

💶 Prezo: 3€ (a aboar na casa-museo)

⚠️ As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. Cando confirmemos a vosa participación, tamén vos indicaremos se dispoñedes de praza para a visita.

Animádevos a pechar o curso con nós dunha maneira diferente! 😊📚

20/05/2026

📚 A Universidade da Coruña celebra este venres 22 de maio o Día das Letras Galegas 2026 en torno a Begoña Caamaño, referente das letras galegas contemporáneas e do xornalismo cultural en Galicia, escritora homenaxeada este ano.

🩵O acto, que terá lugar no Paraninfo da Reitoría, incluirá unha conversa arredor do seu legado intelectual e creativo con Ana Romaní e Marga do Val, a presentación da edición especial da obra “De Esmelle a Ítaca”, a entrega de premios do I Certame Literario da Universidade Sénior da Coruña e unha actuación musical de clausura.

🗓 22 de maio
🕚 11.00 h
📍 Paraninfo da Reitoría

Agardámoste!

A nosa biblioteca contribúe á homenaxe á Begoña Caamaño no Día das Letras Galegas cunha exposición na que poderedes ver ...
17/05/2026

A nosa biblioteca contribúe á homenaxe á Begoña Caamaño no Día das Letras Galegas cunha exposición na que poderedes ver á sua faceta como escritora pero tamén como periodista, xa que forma parte dunha estirpe de mulleres galegas que contribuíron a facer xornalismo no noso país, desde o século XIX ata os nosos días.: https://goo.su/Fzjm

Feliz día da cultura e da língua galega!!

Dirección

Calle Lisboa 7
A Coruña
15008

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC:

Compartir

Categoría