UDC Saudable

UDC Saudable Por unha Universidade da Coruña saudable, sostible e dos dereitos humanos para a comunidade. Queda moito por facer¡. Apertas

A UDC Saudable foi aprobada no Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) do 28 de novembro de 2014, na mesma data que ingresou na "Red Española de Universidades Saludables" (REUS) https://www.unisaludables.es/es/

Desde 1989, a UDC ven realizando programas e actividades en consonancia cos principios das universidades saudables. Nesta liña, o proxecto UDC Saudable xorde coa idea de conver

ter a nosa universidade nun referente de compromiso coa saúde e a sociedade, o benestar e a calidade de vida individual e comunitaria. Trátase dun proxecto socio-comunitario aberto, dinámico e modificable que integra unidades dependentes organicamente de diversas vicerreitorías, así como novas liñas de actuación asistencial, docente, investigadora e comunitaria. Aposta por fomentar o compromiso e a participación da comunidade universitaria na alfabetización e promoción da saúde; a prevención da enfermidade; os hábitos, rutinas e estilos de vida saudables; as habilidades para a vida; o envellecemento proactivo; o desenvolvemento sostible medio-ambiental, económico, social e político; a integración e inclusión laboral e social: a acción solidaria; a equidade; a igualdade de xénero e polos dereitos humáns. Este proxecto está inspirado no Plan estratéxico da UDC 2013-2020 e nos plans de actuación específicos das distintas unidades e servizos, entre outros a Área de Deportes, a Unidade de Prevención de Riscos Laborais, Unidade de Atención á Diversidade, a Oficina de Medio Ambiente, o Servizo de Arquitectura e Urbanismo, a Oficina de Cooperación e Voluntariado, a Oficina para a Igualdade de Xénero, o Servizo de Atención e Promoción do Estudantado, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa, a Escola Infantil e a Universidade Sénior, entre outros. A UDC Saudable participou activamente na elaboración das competencias transversais para todas as titulacións UDC, aprobadas no Consello de Goberno UDC de Maio 2017, para proporcionar unha formación integral aos estudantes, entre outras, as seguintes:
- Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
- Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
- Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
- Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
- Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. O proxecto UDC Saudable quere contribuír ao desenvolvemento científico potenciando a investigación naquelas áreas que contribúen a transformar o contorno universitario e comunitario nun espazo físico e psicosocial saudable, óptimo para o desenvolvemento persoal e social. A UDC Saudable inspírase e fundaméntase nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) -Axenda 2030- de Nacións Unidas, as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) e os documentos e propostas dos organismos e universidades que forman parte da "Conferencia de Rectores de Universidades Españolas-Sostenibilidad" (CRUE-Sostenibilidad) e da REUS. A UDC Saudable integrouse en decembro de 2016 na "Estrategia de Promoción de Salud y Prevención del Sistema Nacional de Salud" do "Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad".

25/06/2026
23/06/2026

Noite de San Xoán, 23-24 de xuño de 2026.

22/06/2026

21/06/2026
21/06/2026

21 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DA ELA.

17/06/2026

Á hora da compra, hai un montón de “produtos de tomate”, pero moi diferentes entre sí. Quédate se queres saber a diferencia entre eles.

Se tes algunha dúbida con este tema, coméntanos ou mándanos un correo a: [email protected]

alimentacionsaudable alimentacionsaludable tomate tomates tomatefrito ketchup

🎧 ENWORKING | Persoas con Alta Sensibilidade (PAS)No marco de UDC Saudable, hoxe, 16 de xuño de 2026, en ENWORKING de Ra...
16/06/2026

🎧 ENWORKING | Persoas con Alta Sensibilidade (PAS)

No marco de UDC Saudable, hoxe, 16 de xuño de 2026, en ENWORKING de Radio CUAC, falamos sobre as Persoas con Alta Sensibilidade (PAS) coa presidenta de PAS Educación, María Baspino.

🎙️ Xa está dispoñible para a súa escoita e descarga:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/enworking/9x16/

Moitas grazas por acompañarnos 💕

AltaSensibilidade PASEducación MaríaBaspino PromociónDaSaúde SaúdeEmocional Benestar UniversidadeDaCoruña UDC Educación Galicia

🦋 Persoas Altamente SensiblesPoderase escoitar ás 20:00 h en CUAC FM 🎧, en directo no 103.4 FM A Coruña.Tamén por Intern...
15/06/2026

🦋 Persoas Altamente Sensibles

Poderase escoitar ás 20:00 h en CUAC FM 🎧, en directo no 103.4 FM A Coruña.

Tamén por Internet en directo: https://cuacfm.org/directo/

E, ademais, se o desexas, a través da APP:
📱 Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=org.cuacfm.app
📱 iPhone: https://apps.apple.com/us/app/cuac-fm/id536600585

Un novo espazo de reflexión e aprendizaxe sobre a alta sensibilidade, da man de PAS España e UDC Saudable.

PromociónDaSaúde SaúdeMental BenestarEmocional UniversidadeSaudable

15/06/2026

Trinta anos de radio comunitaria non se celebran con silencio. 🎙️✨

O sábado, no auditorio de Afundación no Cantón Grande, a gran familia de CUAC FM reuniuse para vivir a gala dos Premios OsCuacs: os premios máis amañados da historia da radio. E si, todo estaba amañado. E si, todo o mundo o sabía. E precisamente por iso foi tan especial.

Porque nun mundo que competimos por todo, aquí reunímonos para celebrar. Para rirmos xuntas e xuntos. Para recoñecer que o que fai grande a CUAC FM non é ser mellor que ninguén, senón ser parte de algo que dura, que crece e que importa.

Esta foto vale máis que calquera premio. Son as persoas que fan posible 30 anos de radio libre, independente e comunitaria en A Coruña. Son voces, mans, ideas e horas de voluntariado convertidas en antena.

Gracias a todas e todos os premiados. Gracias a quen votou. Gracias a quen leva tres décadas escoitando. ❤️

Dirección

UDC Saudable-Edificio Centro Universitario De Riazor (CUR) R/Manuel Murguía Y R/Almirante Lángara
A Coruña
15011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando UDC Saudable publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a UDC Saudable:

Compartir

Categoría