03/09/2026
Queres obter o Graduado en Educación Secundaria? A idade non é un problema, ti podes! 🎓
No centro Fonteboa (Coristanco) abrimos a matrícula para os novos cursos 2026-27 de ESA Semi-presencial para adultos.
✨ Por que elixir este formato?
Flexibilidade: Modalidade semi-presencial cuadrimestral.
Aforro de tempo: Obtén o teu título en só un ou dous cursos.
Clases presenciais: Só os martes de 16:00 a 21:00 h.
📅 Calendario de módulos:
Módulos 1 e 3: Setembro - Xaneiro
Módulos 2 e 4: Febreiro - Xuño
👥 Requisitos de acceso:
Maiores de 18 anos en xeral.
Maiores de 16 anos con contrato de traballo ou circunstancias excepcionais.
(Consulta convalidacións e equivalencias de cursos anteriores).
📞 Máis información e inscricións:
📱 981 733 051 / 690 260 394
🌐 www.fonteboa.es