Universidade Laboral Culleredo

Universidade Laboral Culleredo Instituto de Educación Secundaria

Quendas para formalizar a matrícula do alumnado que promociona de 1⁰ para 2⁰ curso.A matrícula é presencial no centro ed...
15/06/2026

Quendas para formalizar a matrícula do alumnado que promociona de 1⁰ para 2⁰ curso.
A matrícula é presencial no centro educativo.

A Universidade Laboral Culleredo  acolleu a entrega de premios do programa  , unha iniciativa na que centros de toda Gal...
14/06/2026

A Universidade Laboral Culleredo acolleu a entrega de premios do programa , unha iniciativa na que centros de toda Galicia participaron na resolución de 20 retos lanzados polas empresas colaboradoras.
O noso centro estivo presente con dous equipos que tentaron ofrecer solucións innovadoras aos retos de Diesemm Eventos e HP.
Queremos facer un recoñecemento especial ao excelente traballo realizado polos participantes que quedou patente na calidade dos proxectos presentados.
De maneira especial, felicitamos ao equipo formado por Daniel, Lola, Iván e Aitana de 2º de Ensinanza e animación sociodeportiva (mágoa que non todos puideron estar no acto por atoparse traballando fóra). O seu proxecto SportHub, coordinado pola profesora Iria Fernández, resultou gañador no reto proposto por Diesemm.
Parabéns a todos e todas!

11/06/2026

Ciclos formativos de na oferta modular a distancia na Universidade Laboral Culleredo para o Curso 2026/27.

11/06/2026

Oferta ordinaria de ciclos de na Universidade Laboral Culleredo para o curso 2026/27.
Nos vindeiros días publicaremos o resto das ofertas.
Tedes tamén publicados os calendarios de admisión

Acto de peche de Talentos Inclusivos 2025/26. A Universidade Laboral Culleredo participou cos 1⁰ dos ciclos básicos de  ...
10/06/2026

Acto de peche de Talentos Inclusivos 2025/26. A Universidade Laboral Culleredo participou cos 1⁰ dos ciclos básicos de Instalacións electrotécnicas e mecánica e de Electricidade e electrónica.

O alumnado de 2º curso do ciclo de Navegación e pesca de litoral, acompañado polo profesor Lodeiro, participou na presen...
08/06/2026

O alumnado de 2º curso do ciclo de Navegación e pesca de litoral, acompañado polo profesor Lodeiro, participou na presentación final do reto 14 do programa no CGIFP Eduardo Barreiros. O desafío, formulado pola empresa HP, propoñía o desenvolvemento dunha solución innovadora orientada á vixilancia intelixente do tráfico marítimo en augas galegas a través dunha plataforma.
A proposta do noso equipo, Galicia Maritime Safety Watch, destacou entre os proxectos participantes e acadou unha praza entre os tres finalistas. Durante a sesión, o alumnado defendeu a súa iniciativa mediante unha presentación breve e dinámica, demostrando a súa capacidade para comunicar ideas, traballar en equipo e presentar proxectos con impacto real. Agora só queda agardar pola resolución final, que se dará a coñecer nun próximo acto. Queremos felicitar a todo o grupo polo esforzo, a creatividade e a dedicación amosadas ao longo deste proceso. Moita sorte nesta última etapa!

Publicados os períodos de admisión de plazas na   para o curso 26/27:- Oferta ordinaria e modular-  FP básica- FP básica...
08/06/2026

Publicados os períodos de admisión de plazas na para o curso 26/27:
- Oferta ordinaria e modular
- FP básica
- FP básica de persoas adultas
- Dual intensiva
- Formación acelerada
- Cursos de especialización

O gañador da  , tras unha competición moi reñida, foi Daniel Sánchez, alumno do CS de Mantemento de instalacións térmica...
08/06/2026

O gañador da , tras unha competición moi reñida, foi Daniel Sánchez, alumno do CS de Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

O pasado venres fíxoselle entrega do agasallo, unha trade como recoñecemento ao seu traballo. Parabéns a Daniel e a todos os participantes!

Este venres disputouse a final do II Torneo de Xadrez Ulaboral, iniciativa promovida novemente pola Biblioviva Ulaboral....
07/06/2026

Este venres disputouse a final do II Torneo de Xadrez Ulaboral, iniciativa promovida novemente pola Biblioviva Ulaboral. Resultou vencedor o noso alumno do ciclo superior de Animación Mauro Atahualpa, que gañou na final a Álex Martínez, o noso excelente finalista do ano pasado. En terceiro lugar quedaron o profesor Pedro Rocha (tamén finalista do ano pasado) e o noso campión 2025, Emilio Gómez.

Despois de disputarse a final, os demáis participantes puideron xogar partidas amistosas para medirse cos finalistas, contando coa presenza de ilustres espontáneos".

Dirección

Rúa Salvador Allende, S/n
Culleredo
15670

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 23:00
Martes 08:30 - 23:00
Miércoles 08:30 - 23:00
Jueves 08:30 - 23:00
Viernes 08:30 - 23:00

Teléfono

+34881960820

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Universidade Laboral Culleredo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir