07/09/2026
🏆O congreso pechou o venres en Ferrol coa entrega dos premios ás mellores presentacións do encontro.
🏅 José Matheus dos Santos, da Universidade de Lisboa, recibiu o premio á mellor presentación oral, patrocinado por 𝘍𝘭𝘶𝘪𝘥𝘴 e dotado con 300 euros, polo traballo “Rheological structuring of fermented legume–algae matrices for plant-based cheese analogues”.
🥇 O premio á mellor presentación de póster foi para María Vázquez, da Universidad de Sevilla, polo traballo “Rheological and bioactive properties of oat flakes snacks enriched with orange peel waste”. Pola súa banda, Ismael Díaz, investigador do grupo da Universidade da Coruña, recibiu o segundo premio á mellor presentación oral, dotado con 150 euros, polo traballo “Structural acrylic adhesives for maritime bonding: mechanical characterization”.
🎓 A entrega destes galardóns formou parte do acto de clausura, no que tamén participaron o vicerreitor de Investigación da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas; o director do Campus Industrial Ferrol Marcos Míguez; xunto a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social Ana Ares, 𝘤𝘩𝘢𝘪𝘳 de do congreso.
⛵⛪ Pero ademáis de investigación, tamén deixou momentos compartidos fóra das salas: unha viaxe en barco pola ría de Ferrol, a visita a Museo de la Construccion Naval. Fundacion Exponav e a xornada final do encontro en Santiago de Compostela.
🤝 Un encontro que foi posible grazas ao traballo conxunto da comisión científica, presidida por Ana Ares e integrada por Anabela Raymundo, Antonio Guerrero, Catarina Leal, Francisco Galindo, José María Franco, José Muñoz, Juan Francisco Vega, Laura Campo, Luis Alves, María Jesús Hernández, Mercedes Fernández, Miguel Nóbrega e Ramón Artiaga; e do equipo organizador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni pertencente aos grupos de Polímeros (Laboratorio de Plásticos) e , con Ana Ares na coordinación local, xunto a Ana Álvarez, Ana Díaz, Beatriz Combarro, Claudia Quintero, Jorge López, Laura Vázquez, María José Abad, Mercedes Pereira e Paloma Bonilla.
💙 👋 Grazas a todas as persoas participantes, relatores, entidades e empresas colaboradoras por formar parte desta edición de en Ferrol. Ata a próxima!