Campus Industrial Ferrol

Campus Industrial Ferrol Perfil Oficial do Campus Industrial de Ferrol
(Universidade da Coruña)
e-mail: [email protected]
tfno.: +34 881 01 3621

O Campus Industrial de Ferrol está especializado principalmente no ámbito da Enxeñaría e ademáis, comprende estudos nas Ciencias do Artificial, Ciencias do Traballo, Ciencias da Saúde e as Ciencias Humanísticas. Conta con 6 centros onde se imparten 11 grados, 7 másteres e 6 programas de doutoramento e alberga multitude de actividades e servizos. Estudan ó redor de 2.600 alumnos e serve como motor da investigación, a innovación e o desenrolo conectando a universidade có entorno.

  A III Carreira Greenpower Galicia, organizada pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, baixo o paraugas do Camp...
18/06/2026

A III Carreira Greenpower Galicia, organizada pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, baixo o paraugas do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport, reuníu, este xoves 18/XUÑO, a 12 equipos de Galicia, de Asturias e do País Vasco. Grazas a todas as persoas e entidades que nos axudaron a que este evento fose todo un éxito: Greenpower Iberia, Deputación da Coruña, Concello de As Pontes, Concello de Ferrol, Grupo Intaf, Carpintería Madesa, Renaul Caetano Fórmula Galicia e Gadis.

  O EPEF Racing Team da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña acadou o premio Best ...
18/06/2026

O EPEF Racing Team da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña acadou o premio Best Telemetry na III Carreira Greenpower Galicia que tivo lugar, este xoves 18/XUÑO, no circuíto de karting das Pontes. É a segunda vez que o alumnado participa neste campionato cun coche eléctrico feito "desde cero". Nesta ocasión, traballaron na mellora do sistema de refrixeración e de telemetría do vechículo. Parabéns equipo! 👏👏👏

  Os equipos Kastro Sport Team 1 e Kastro Sport Team 2 do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes gañan a III Carreira G...
18/06/2026

Os equipos Kastro Sport Team 1 e Kastro Sport Team 2 do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes gañan a III Carreira Greenpower Galicia nas categorías F24, de 11 a 16 anos, e F24+, de 16 a 25 anos. Un ano máis, este campionato non clasificatorio estivo organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudería As Pontes Motorsport.

  A vicerreitora do   e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial Ferrol, Marcos Míguez, reci...
18/06/2026

A vicerreitora do e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Campus Industrial Ferrol, Marcos Míguez, recibiron, este xoves 18/XUÑO, na Aula de Creación e Patronaxe da Facultade de Humanidades e Documentación, aos 13 investigadores e investigadoras predoc e postdoc da Universidade da Coruña que participan nas V Xornadas DoutoreAndo, organizadas en colaboración Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni), baixo o lema “Investigando en Verde”. Aproveitade ao máximo esta xornada!

  A alumna do 4º curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Nuria Mahía Escudero (Ares, 1998), vén de gañar...
17/06/2026

A alumna do 4º curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Nuria Mahía Escudero (Ares, 1998), vén de gañar o Premio Cipriano Dobarro 2026, un galardón que outorgan a Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial Ferrol e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e de Ourense. Esta estudante da Universidade da Coruña recibirá un diploma acreditativo e un cheque por valor de 600 euros. Os nosos parabéns! 👏👏👏

  DoutoreAndo. Investigando en verde - 5ª Xornada de Persoal Doutor e Postdoural do Campus Industrial Ferrol da Universi...
16/06/2026

DoutoreAndo. Investigando en verde - 5ª Xornada de Persoal Doutor e Postdoural do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña
📅 Xoves 18/XUÑO 🕚 de 09:00 a 15:45 horas
📍 Aula de Creación e Patronaxe da Facultade de Humanidades e Documentación

  “Renegade Jammer”, un título nado como traballo final do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Video...
16/06/2026

“Renegade Jammer”, un título nado como traballo final do máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de ser seleccionado como finalista, na categoría de “Mellor Videoxogo de Centros Formativos”, nos II Premios Iris Games. Competirá con outros tres xogos creados en centros educativos de Madrid, Granada e de Valencia. O veredicto final coñecerase, o próximo 3/XULLO, nunha gala que terá lugar en Málaga.

  O director do Campus Industrial Ferrol, Marcos Míguez, e a directora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais ...
15/06/2026

O director do Campus Industrial Ferrol, Marcos Míguez, e a directora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni, Belén Montero, recibiron, este luns 15/XUÑO, á xefa do Servizo de Consultoría de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, Cristina Enjamio, e ao xerente do Clúster Saúde de Galicia, Iván Raris, no marco dunha primeira reunión de traballo promovida pola Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) da Universidade da Coruña que pretende sentar as bases dunha futura colaboración no eido da optimización de procesos, da eficiencia enerxética ou da economía circular.

  III Carreira Greenpower Galicia, organizada Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Camp...
15/06/2026

III Carreira Greenpower Galicia, organizada Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport.
🖇️ Participan 12 equipos de Galicia, Asturias e do País Vasco (ESO, BACH, FP e Universidade)
📅 Xoves 18/XUÑO 🕚 de 09:00 a 17:30 horas horas
📍 Circuíto de karting do Concello de As Pontes

  V Xornada de Portas Abertas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, dirixida a alumnado de bacharelato e de FP. ...
12/06/2026

V Xornada de Portas Abertas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, dirixida a alumnado de bacharelato e de FP. Inscricións ata o 17/XUÑO ➡️ https://acortar.link/Z9o6d1
📅 Venres 19/XUÑO 🕚 de 17:00 a 19:00 horas
📍 Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)
☎️ 881 01 3226 📧 [email protected]

Dirección

R/Drive Vázquez Cabrera S/n
Ferrol
15403

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00
Sábado 09:00 - 14:00

Teléfono

+34881013621

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Campus Industrial Ferrol publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Campus Industrial Ferrol:

Compartir

Categoría