04/09/2026
📅 O pasado 2 de setembro, con motivo dunha nova edición das Meninas de Canido, que arrincan hoxe, presentouse en Ferrol "Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas", o libro coordinado polas profesoras Patricia Cupeiro López, do Grao en Xestión Cultural, e Miriam Elena Cortés López, do Máster en Servizos Culturais da nosa Facultade.
📖 A publicación é resultado do Curso de Primavera 2024 celebrado na Facultade e reúne diferentes achegas arredor do graffiti, a arte urbana e o muralismo contemporáneo.
🧔 No libro participan 14 autores de distintas áreas e oito artistas, entre os que figuran Ferrol Mola e Edu Hermida, quen tamén participou na presentación do pasado mércores. En "Pegadas no Muro" analiza a experiencia das Meninas de Canido, un proxecto que fixo da arte urbana unha ferramenta de transformación e identidade para o barrio.
Se aínda non coñeces as Meninas de Canido, este é un bo momento para achegarte a Ferrol e descubrilo en primeira persoa 🖌️.