Campus Terra USC

Campus Terra USC Conta de Facebook oficial do Campus Terra.

Conta oficial do campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

🐄🌾 Os días 21, 22 e 23 de setembro, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Edificio CACTUS do Campus Te...
07/09/2026

🐄🌾 Os días 21, 22 e 23 de setembro, de 16:30 a 19:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Edificio CACTUS do Campus Terra USC o curso «Os residuos agrogandeiros e o seu valor», cuxa meta é promover o cambio de paradigma entorno á importancia e valor dos residuos producidos na agricultura e gandaría.

Coordinada por Santiago Lamosa Quinteiro, a acción formativa explorará aspectos como as diferentes tipoloxías de residuos producidos na industria agrícola e gandeira, as necesidades reais deses subprodutos, os diversos tipos de análises de residuos e terras dispoñibles e certas técnicas avanzadas de aplicación e transformación.

As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/curso-residuos-agrogandeiros

👋 «Coñecer novos espazos, novas persoas e novas posibilidades»Estas foron algunhas das palabras que pronunciou recenteme...
04/09/2026

👋 «Coñecer novos espazos, novas persoas e novas posibilidades»
Estas foron algunhas das palabras que pronunciou recentemente a reitora Rosa Crujeiras na rolda de prensa de presentación das Xornadas de inicio de curso , que se estenderán do 14 ao 27 de setembro en Compostela e noso campus.

Dadas a coñecer no Pazo de Montenegro, as xornadas contarán cun amplo programa de actividades: visitas guiadas, obradoiros, concertos, campionatos e aulas de diferentes disciplinas deportivas, accións destinadas a coidar o benestar emocional e recursos relacionados coa atención psicolóxica ou a igualdade.

Lembramos que a maioría das actividades son de acceso libre e sempre gratuíto para a comunidade universitaria.

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/estudantado-conecera-primeira-man-oferta-cultural-deportiva-servizos-universidade-xornadas-benvidausc

💧🔬 Un novo punto de divulgación científica e transferencia de coñecemento.A Universidade de Santiago de Compostela recib...
03/09/2026

💧🔬 Un novo punto de divulgación científica e transferencia de coñecemento.

A Universidade de Santiago de Compostela recibiu hoxe, de mans do presidente da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., José Antonio Quiroga, a entrega simbólica das chaves do ‘Muiño de Olga’ tras a súa rehabilitación, froito dun convenio entre ambas as entidades e na que participou activamente o grupo de investigación Proxectos e Planificación USC.

No acto, a reitora Rosa Crujeiras destacou o importante papel que desenvolverá a EPS de Enxeñaría do Campus Terra USC a partir de agora, que terá «un protagonismo fundamental no desenvolvemento deste proxecto e na definición dos seus contidos e actividades».

O edificio acollerá, entre outras cousas, actividades formativas e divulgativas co fin de xerar coñecemento de alto valor e difundir a cultura tradicional, a historia e o patrimonio etnográfico de Galicia.

👉 https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/chms-entrega-usc-chaves-muino-olga-punto-divulgacion-cientifica

02/09/2026

Xa estamos de volta e a traballar en Ciencia á Feira 2026/2027. Estivemos inmersas na gravación de novos materiais con Afalu Alzheimer, na Facultade de Ciencias, na EPS de Enxeñaría, na facultade de Veterinaria e no hospital Rof Codina. Estaremos de estrea nas vindeiras semanas, así que estade á espreita nas nosas redes sociais.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Universidade de Santiago de Compostela
Efervesciencia
Campus Terra USC
XuvenLab

🤖🔍 A Facultade de Humanidades organiza, ao abeiro do Plan Formativo do Campus Terra USC, o curso ‘Ferramentas básicas de...
02/09/2026

🤖🔍 A Facultade de Humanidades organiza, ao abeiro do Plan Formativo do Campus Terra USC, o curso ‘Ferramentas básicas de IA aplicadas á investigación’, o cal permitirá ao estudantado comprender que son e como se empregan os modelos xerativos, así como coñecer de que xeito se pode aplicar a IA xerativa a metodoloxías cualitativas e cuantitativas.

Coordinada por Gonzalo Francisco Fernández Suárez, esta acción formativa abordará diversas propostas prácticas para o uso da IA mediante a análise de diferentes ferramentas que a empregan co fin de axudar ao desenvolvemento de estudos académicos.

📆 18 e 25 de setembro
🕑 De 17:00 a 20:00 horas
📍 Facultade de Humanidades

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/ferramentas-basicas-ia-aplicadas-investigacion

🪫☀️O vindeiro 18 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, impartirase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias o curso ‘A ...
01/09/2026

🪫☀️O vindeiro 18 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas, impartirase no Salón de Graos da Facultade de Ciencias o curso ‘A enxeñaría técnica industrial no sector das enerxías renovables’, no que se dará a coñecer a figura do Enxeñeiro Técnico Industrial no sector deste tipo de enerxía.

Dirixido aos estudantes do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, neste seminario farase un repaso do sector galego actual e futuro e de fontes enerxéticas como a eólica, o almacenamento eléctrico (BESS e centrais de bombeo reversible), o hidróxeno verde e a solar FV. Tamén se abordará un caso práctico dun proxecto eólico en Galicia (tramitación e desenvolvemento técnico).

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/enxenaria-tecnica-industrial-sector-enerxias-renovables

🌳❤️‍🩹 O Plan Formativo do Campus Terra USC ofrece, para setembro e outubro, o ‘Curso de Introdución ao Deseño Salutoxéni...
31/08/2026

🌳❤️‍🩹 O Plan Formativo do Campus Terra USC ofrece, para setembro e outubro, o ‘Curso de Introdución ao Deseño Salutoxénico: Aplicación profesional do Método MEDS®’, que terá lugar na EPS de Enxeñaría os días 15, 17, 22, 24, 29 de setembro e 1, 6, 8, 13 e 15 de outubro, de 16:00 a 18:00 horas.

Na formación, coordinada por Santiago Lamosa Quinteiro e impartida por Claudio Doratto, o estudantado coñecerá ferramentas de diagnóstico e medición que permitan que o deseño de paisaxe sexa recoñecido como unha ferramenta terapéutica medible e sostible, facilitando a súa profesionalización en entornos sociosanitarios, de saúde mental, educación e ámbito urbano.

As persoas interesadas en asistir deberán ter superada a Microcredencial de Nivel 1 (Bases Neurocientíficas do Deseño) e poderán inscribirse no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/curso-introducion-deseno-salutoxenico-aplicacion-profesional-metodo-medsr

🌍 O vindeiro mes impartirase no noso campus o curso ‘O ámbito local, unha gran oportunidade’, cuxo obxectivo é amosar as...
28/08/2026

🌍 O vindeiro mes impartirase no noso campus o curso ‘O ámbito local, unha gran oportunidade’, cuxo obxectivo é amosar as posibilidades de desenvolvemento que ofrece o mundo local para mellorar a relación entre as persoas e a súa interacción coa terra.

Organizada pola EPS de Enxeñaría e coordinada por Santiago Lamosa Quinteiro, esta acción formativa abranguerá temas como a relación entre o mundo local e a gobernanza, as diferencias entre mundo rural e mundo urbano e como se poden avaliar as necesidades formativas das persoas que traballan na administración e gobernanza do eido local.

📆 14, 15 e 16 de setembro
🕑 De 16:30 a 19:30 horas
📍 Sala de Xuntas do Edificio CACTUS

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse no seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

👉 https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/curso-ambito-local-oportunidade

🌳📚 Dar a coñecer a corrente de traballo que inflúe en moitas das actividades desenvolvidas no máster en Dirección de Act...
27/08/2026

🌳📚 Dar a coñecer a corrente de traballo que inflúe en moitas das actividades desenvolvidas no máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza.

Esta é a meta principal de ‘As posibilidades da Educación baseada no lugar no contexto rural galego’, un seminario enmarcado dentro do Plan Formativo do Campus Terra USC que terá lugar o 14 de setembro, na Facultade de Formación do Profesorado, en horario de 16:30 a 18:30 horas.

Coordinada por Eugenio M. Otero Urtaza e impartida por Rosario Gómez Alcalde, esta formación permitirá ao estudantado comprender as vantaxes ofrecidas pola Pedagoxía Baseada no Lugar (Sobel, Smith, Wenger), clave para buscar solucións e procesos de mellora desde a perspectiva da educación.

As persoas interesadas no curso poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

https://www.usc.gal/gl/campusterra/eventos/posibilidades-educacion-baseada-contexto-rural-galego

🐮 O Plan Formativo do Campus Terra USC oferta para o vindeiro mes o seminario ‘Aplicación de sensores e monitorización n...
26/08/2026

🐮 O Plan Formativo do Campus Terra USC oferta para o vindeiro mes o seminario ‘Aplicación de sensores e monitorización no gando vacún’, impartido por Elio López García, CEO de Innogando.

Nesta formación coordinada por Mª Mercedes Camiña García, o alumnado profundará na utilidade dos sensores e da monitorización de diferentes actividades do gando vacún en extensivo. Tamén se empregarán datos reais obtidos en diferentes explotacións para entender a súa importancia dentro da xestión eficiente dunha explotación.

O seminario terá lugar o 14 de setembro, en horario de 16:00 a 18:00 horas, na Facultade de Veterinaria. Para asistir é necesario cubrir o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe2pSadVNiD9Gu1ikK2v_Qr9UODA1VjU4WVlUSUVVQUlSNFhEVjBQQzk0QS4u&origin=lprLink&route=shorturl

Dirección

Praciña Da Universidade S/n
Lugo
27001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Campus Terra USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Campus Terra USC:

Atajos

Compartir

Categoría