XuvenCiencia

XuvenCiencia XuvenCiencia - USC - Campus Terra Lugo

Campus de verán, Xornadas para profesorado e XuvenCiencia na aula — Fago, logo aprendo!

Coa colaboración da FECYT - Ministerio de Ciencia e Innovación Grupo interdisciplinar de innovación docente do campus de Lugo da Universidade de Santiago que ideou en 2013 un campamento científico de verán para adolescentes que se ten transformado nun completo programa que inclúe tamén formación para profesorado de ensino medio e o deseño de kits de experimentación para o seu uso en colexios e institutos. Invitámosvos a facer click en "Me Gusta" para estar ao tanto da nosa actividade!

16/06/2026

Pensas que vai moita calor? Estamos a asistir a temperaturas de récord case que cada estación. Desde Ciencia á Feira, o noso equipo de Mercados de Carbono, explica como se producen o quecemento global e o cambio climático.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e a área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Campus Terra USC
Universidade de Santiago de Compostela
EPS de Enxeñaría
Efervesciencia
XuvenLab

14/06/2026

Seguro que escoitaches moitas veces que Galicia é unha terra de minifundio, pero o certo é que temos tamén montes veciñais que superan as 200 hectáreas. Os montes veciñais en man común non son públicos nin tampouco privados. Ocupan o 22% de todo o territorio de Galicia e 1/3 da superficie forestal.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Facultade de Humanidades
EPS de Enxeñaría
Campus Terra USC
Universidade de Santiago de Compostela
Grupo Histagra Usc
CISPAC
Orgccmm Organización Galega de Montes
Efervesciencia
XuvenLab

As xuvencientíficas seguen a sumar éxitos. Estamos moi orgullosas!!!
12/06/2026

As xuvencientíficas seguen a sumar éxitos. Estamos moi orgullosas!!!

Antía Castro y Rachel Elizabeth Rodríguez, junto a Brais Rodríguez, logran la prestigiosa beca después de un proceso de alta exigencia

10/06/2026

Celebramos estes días que a profesora Azucena Mora vén de asumir a presidencia do comité científico da Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición. É unha hora que Azucena e o seu equipo de investigadoras do Campus Terra USC da Universidade de Santiago de Compostela colaboren xenerosamente no noso proxecto Ciencia á Feira. Neste vídeo contamos que son as superbacterias e a resistencia os antibióticos.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo

Podedes ver o vídeo completo no primeiro comentario.


Efervesciencia
XuvenLab

Moitísimos parabéns a Azucena, a quen agradecemos a colaboraciñon dela e do seu equipo no noso proxecto Ciencia á Feira.
10/06/2026

Moitísimos parabéns a Azucena, a quen agradecemos a colaboraciñon dela e do seu equipo no noso proxecto Ciencia á Feira.

La catedrática de Microbiología de la USC ya formaba parte del organismo desde 2023

Carrachas e velutinas: dúas razóns para observar a primavera con ollos científicos. A primavera convida a saír da casa. ...
04/06/2026

Carrachas e velutinas: dúas razóns para observar a primavera con ollos científicos.

A primavera convida a saír da casa. Os días medran, os montes énchense de actividade e as excursións, os traballos agrícolas e os paseos pola natureza volven formar parte da nosa rutina. Mais esta é tamén a época do ano na que debemos prestar especial atención a dúas especies de invertebrados que teñen un impacto crecente na provincia de Lugo: as carrachas e as velutinas.

En Ciencia á Feira dedicámoslles unha atención especial ás unhas e ás outras.

As carrachas son artrópodos parasitos que alimentan de sangue de un ou varios hóspedes. No proceso, transmiten patóxenos responsables de doenzas como a enfermidade de Lyme, cuxa inciedencia na provincia de Lugo chega a quintuplicar a media galega.

Pola súa banda, as velutinas son himenópteros. Son especies exóticas invasoras que supoñen unha ameaza para o equilibrio do ecosistema, xa que compiten con polinizadores como, por exemplo, as abellas. Tamén teñen un grande impacto económico: non só minguan a produción de mel, se non que estragan cultivos froitais e as viñas.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Universidade de Santiago de Compostela
EPS de Enxeñaría

Facultade de Bioloxía USC

Efervesciencia
Campus Terra USC
XuvenLab

03/06/2026

Ana García Arias e Xulio Maside danvos algunhas pistas para identificar as velutinas: son avespas grandes e escuras que de lonxe se ven case negras. As patas son amarelas e amosan tamén dúas bandas amarelas no abdome. O nome cietífico é vespa velutina nigrithorax.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Universidade de Santiago de Compostela
EPS de Enxeñaría
Facultade de Bioloxía USC
Efervesciencia
Campus Terra USC
XuvenLab
Asociación Galega de Apicultura - "AGA"

02/06/2026

🧐OLLO!!!: Estamos a matricular para o Campus de Verán 2026.
⏳O TERCEIRO prazo remata o XOVES, 4 de maio, ás 23:59. Busca o teu nome na TERCEIRA LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS, publicada na nosa páxina web.
https://xuvenciencia.org/campus/gl/informaciongl/

31/05/2026

🧐Estamos a matricular para o Campus de Verán 2026.
⏳O SEGUNDO prazo remata HOXE, 31 de maio, ás 23:59. Busca o teu nome na SEGUNDA LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS, publicada na nosa páxina web.
🤞Se non tiveches sorte, lembra que abrimos un novo prazo de matrícula para os postos que quedasen vacantes.
https://xuvenciencia.org/campus/gl/

30/05/2026

As velutinas son himenópteros, como as abellas e outros tipos de avespas. Tamén son unha especie exótica invasora que altera o equilibrio dos nosos ecosistemas.

Ciencia á Feira desenvólvese co apoio da F E C Y T · Ciencia e Innovación · e da área de Medio Rural, Mar e Mocidade Deputación de Lugo da Vicepresidencia. Deputación de Lugo
Universidade de Santiago de Compostela
EPS de Enxeñaría
Efervesciencia
Campus Terra USC
XuvenLab

Dirección

Universidade De Santiago De Compostela
Lugo
27002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando XuvenCiencia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a XuvenCiencia:

Compartir