CIFP Portovello

CIFP Portovello Centro integrado de formación profesional con ampla experiencia en formación de calidade. Moitos alumnos empregados aválannos. ¡Consulta a nosa oferta!

A convalidación de módulos pódese solicitar dende o 9 de setembro ata o 2 de outubro exclusivamente a través da nosa páx...
09/09/2026

A convalidación de módulos pódese solicitar dende o 9 de setembro ata o 2 de outubro exclusivamente a través da nosa páxina web excepto para titulacións universitarias, no apartado de Secretaría>Validación de módulos: Solicitude de validación - Portovello | CIFP Ourense

Na parte superior dereita pódese consultar un documento coas validacións mais habituais e tamén un enlace á páxina da Consellería con toda a información.

Calquera dúbida podedes acudir presencialmente a Secretaría do centro ou enviar un correo electrónico ao centro: [email protected]

www.cifpportovello.gal

Lembramos que as presentacións dos cursos do   terán lugar os días 9 e 10 de setembro. Consulta o teu horario na nosas r...
04/09/2026

Lembramos que as presentacións dos cursos do terán lugar os días 9 e 10 de setembro. Consulta o teu horario na nosas rrss e páxina web.

Achegamos os calendarios das Xornadas de Presentación de setembro. Escanea o código qr e accede a toda a información e a...
02/09/2026

Achegamos os calendarios das Xornadas de Presentación de setembro. Escanea o código qr e accede a toda a información e ao plano das aulas. Recorda seguirnos en rrss e visitar a nosa páxina web www.cifpportovello.gal para non perderte ningunha nova!

🔊🔊Aínda non tes a praza para estudar o teu ciclo de FP? Consulta as prazas liberadas dispoñibles e ven a estudar connosc...
01/09/2026

🔊🔊Aínda non tes a praza para estudar o teu ciclo de FP? Consulta as prazas liberadas dispoñibles e ven a estudar connosco! Continua aberto o prazo de matrícula en ofertas de formación profesional con prazas dispoñibles ata o día 4 de setembro ás 13:00 horas.

👉 Consulta a ligazón para máis información:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-2026-2027-prazas-liberadas

✍️ As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no ciclo que teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.

Bo día. Xa estamos a 1 de setembro e inauguramos 🍾 o novo curso académico 2026-27. Desexámosvos que teñades un bo curso ...
01/09/2026

Bo día. Xa estamos a 1 de setembro e inauguramos 🍾 o novo curso académico 2026-27. Desexámosvos que teñades un bo curso e non esquezades seguirnos na nosa web www.cifpportovello.gal e nas nosas rrss para non perdervos ningunha nova! 🗣️🗞️

Hai unhas semanas compartimos nas nosas redes os podcasts elaborados polo alumnado participante no proxecto Youth Power ...
23/07/2026

Hai unhas semanas compartimos nas nosas redes os podcasts elaborados polo alumnado participante no proxecto Youth Power Unleashed, unha iniciativa que ao longo do curso permitiu reflexionar, debater e propoñer ideas sobre a participación da mocidade e o futuro de Europa.
Hoxe temos unha excelente noticia para compartir: o podcast “Anima-das”, realizado por un grupo de alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do CIFP Portovello, foi recoñecido como un dos tres traballos gañadores do concurso de podcast organizado dentro do proxecto.
🏆 Os equipos premiados foron: • IES Paralaia (Moaña) co podcast Traumatizadas pero informadas. • FEC San José (Lugo) co podcast Desde otro ángulo. • CIFP Portovello (Ourense) co podcast Anima-das.
✈️ Como premio, o grupo viaxará a Bruxelas nos primeiros días de setembro, onde terá a oportunidade de coñecer de primeira man as institucións europeas e presentar as reflexións e conclusións elaboradas durante o desenvolvemento do proxecto ao longo deste curso.
👏 Parabéns ao equipo de Anima-das por este merecido logro e por representar ao CIFP Portovello con tanto entusiasmo, compromiso e creatividade.

Unha das nosas recentes mobilidades Erasmus+ levounos ata a República Dominicana, onde puidemos coñecer de primeira man ...
23/07/2026

Unha das nosas recentes mobilidades Erasmus+ levounos ata a República Dominicana, onde puidemos coñecer de primeira man recursos sociais, programas comunitarios e iniciativas educativas e ambientais desenvolvidas por diversas ONGs e pola Fundación Puntacana.
Durante a visita exploramos proxectos centrados na atención social, o apoio comunitario e a promoción da igualdade de oportunidades. Estes espazos permitíronnos comprender mellor a realidade local e identificar prácticas inspiradoras que poden enriquecer o noso traballo educativo.
Concretamente visitamos a Fundación Puntacana e o Centro de Innovación Marino, unha experiencia que nos permitiu ampliar horizontes, fortalecer lazos internacionais e traer novas ideas para integrar nos nosos proxectos educativos, así como iniciar a colaboración para que o noso alumnado poida levar a cabo nestas institucións as súas mobilidades. Un intercambio que reafirma o valor da cooperación e da aprendizaxe global.

📣O alumnado de Animación Sociocultural e Turística segue levando o nome do CIFP Portovello por toda España!Dentro do pro...
22/07/2026

📣O alumnado de Animación Sociocultural e Turística segue levando o nome do CIFP Portovello por toda España!
Dentro do proxecto “Correspondentes Xuvenís”, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, alumnado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística participou en dous importantes encontros estatais de participación xuvenil e información xuvenil.
✅ 3 estudantes participaron no IV Encontro Nacional de Corresponsais e Alberguismo Xuvenil, celebrado en Toledo, onde preto dun cento de mozas e mozos de distintas comunidades autónomas compartiron experiencias, boas prácticas e actividades arredor da participación xuvenil e da rede de correspondentes.
✅ Outros 8 estudantes participaron no "IV Encuentro Ibero-Insular de Corresponsales Juveniles", celebrado en Alacante, unha experiencia de intercambio, aprendizaxe e convivencia entre persoas comprometidas coa información e a participación da mocidade.
Estas actividades permiten ao alumnado desenvolver competencias fundamentais para a súa formación profesional: comunicación, dinamización de grupos, participación cidadá, liderado xuvenil e creación de redes de colaboración.
🌟 Estudar Animación Sociocultural e Turística é moito máis que cursar un ciclo formativo: é vivir experiencias reais, participar en proxectos de impacto social e converterse en axente de cambio na comunidade.
Parabéns ao noso alumnado polo seu compromiso e por representar tan ben ao CIFP Portovello!

🇮🇹🌍 O profesorado do CIFP Portovello continúa aprendendo en Europa grazas ao programa Erasmus+Durante este mes de xullo,...
21/07/2026

🇮🇹🌍 O profesorado do CIFP Portovello continúa aprendendo en Europa grazas ao programa Erasmus+
Durante este mes de xullo, profesorado do CIFP Portovello participou en varias estadías formativas en Italia, desenvolvidas en Palermo (Sicilia) e en Forlimpopoli (Emilia-Romaña), no marco do programa Erasmus+ e dun proxecto KA131 de Educación Superior, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Estas mobilidades permitiron ao profesorado achegarse a diferentes realidades profesionais relacionadas coas súas familias profesionais, coñecendo entidades, servizos e experiencias innovadoras que traballan directamente coas persoas e coas comunidades.
🤝 A través da observación e do intercambio con profesionais doutros países, as persoas participantes puideron reflexionar sobre distintos modelos de intervención, metodoloxías de traballo e formas de organización dos servizos, ampliando a súa visión sobre os retos e oportunidades que existen a nivel europeo nos seus respectivos ámbitos profesionais.
📚 A actualización permanente do profesorado é unha peza fundamental para ofrecer unha formación de calidade ao alumnado. Por iso, experiencias coma estas contribúen a incorporar novas perspectivas á práctica docente e a fortalecer a dimensión internacional do noso centro.

🌍🇪🇺🇮🇹

| | | |

Dirección

Rúa Luis Trabazos 1
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Martes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Miércoles 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Jueves 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30
Viernes 08:30 - 15:00
16:00 - 22:30

Teléfono

+34988788903

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIFP Portovello publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a CIFP Portovello:

Atajos

Compartir