Facultade de Belas Artes

Facultade de Belas Artes Páxina para alumnado, ex-alumnado, profesorado, amigos e colaboradores da Facultade de Belas

👀CURSO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA👀👉🏻O Corpo na Arte Contemporánea dende unha perspectiva interdisciplinar👉🏻Este curso pr...
07/09/2026

👀CURSO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA👀

👉🏻O Corpo na Arte Contemporánea dende unha perspectiva interdisciplinar

👉🏻Este curso propón unha aproximación teórica e práctica ao corpo nas prácticas artísticas contemporáneas desde unha perspectiva interdisciplinar.

✍🏻Abordaranse cuestións como a evolución histórica do corpo na arte contemporánea, a performance e a arte de acción, a noción de presenza, a expresión corporal e a conciencia do movemento, a voz como material artístico ou as relacións entre corpo, espazo, tempo e público.

📍 MARCO. Museo de Arte Contemporánea de Vigo
📅 Do 22 de setembro ao 9 de outubro de 2026

👤 Docentes: Iria Vázquez López, Olga Cameselle, Susana Garrido, Macarena Montesinos, Marco Maril e María Rodríguez.

📝 Matrícula aberta ata o 15 de setembro de 2026.

🔗 + Información e inscricións a través de Campus Activo da Universidade de Vigo.

👉🏻Compartimos imaxes do I Encontro Sectorial "A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate. A partir da grave c...
16/07/2026

👉🏻Compartimos imaxes do I Encontro Sectorial "A xestión dos espazos expositivos en Galicia a debate. A partir da grave crise do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), unha análise dende as múltiples olladas do sector profesional sobre a situación do sistema artístico institucional en Galicia" no Consello da Cultura Galega

👀A facultade participou (representada por Carmen Lage Veloso) xunto con outras asociacións profesionais, creadoras e creadores, responsables institucionais, especialistas en xestión cultural e voces do tecido cultural para, entre todas, tratar de analizar a situación actual e procurar novas fórmulas de coidado e transparencia no desenvolvemento do sector en Galicia.

🙌🏻Moitas grazas pola organización! O 22 de setembro haberá unha nova cita

🌞O curso remata, pero nunca deixan de aparecer convocatorias. O verán é un bo momento para descansar, reflexionar sobre ...
26/06/2026

🌞O curso remata, pero nunca deixan de aparecer convocatorias. O verán é un bo momento para descansar, reflexionar sobre o traballo artístico e buscar novas metas.
👉🏻Neste carrusel deixámoste un pequeno manual sobre como abordar as convocatorias.
👀TIP extra: mira cara a Europa. Na slide 3 destacamos o Goethe-Institut. Investiga o seu programa Culture Moves Europe e moitas outras liñas de axuda.
👀Cal é a túa maior dúbida ou medo á hora de redactar un proxecto para unha bolsa?


⚡O alumnado de Belas Artes volveu facer a súa maxia no (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico🎥Hai uns días mostr...
11/06/2026

⚡O alumnado de Belas Artes volveu facer a súa maxia no (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico

🎥Hai uns días mostrouse no festival a sección Paraíso, que reúne estudantado de Belas Artes de Salamanca, Pontevedra e Madrid para explorar o cinema experimental. Un ano máis, disfrutamos de pezas cheas de talento, experimentación e identidade.

👏🏻 Parabéns ás artistas Claudia Fandiño Moldes, Naiara Vila Canle, Raúl Díaz Alonso, Xulia García Pintos, José García Estévez e Isabella Moreno Rueda. E a Xisela Franco coma sempre pola coordinación🖤👋

Próxima inauguración 👉🏻 Exposición colectiva "A derruba".📆Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o xoves 14 de ma...
07/05/2026

Próxima inauguración 👉🏻 Exposición colectiva "A derruba".

📆Na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, o xoves 14 de maio, ás 20:00h 🔥

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra, por acordo unánime da súa Xunta de Facultade do 5 de maio de 2026, quere expre...
06/05/2026

A Facultade de Belas Artes de Pontevedra, por acordo unánime da súa Xunta de Facultade do 5 de maio de 2026, quere expresar públicamente o seu desacordo coa forma en que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia está a levar a cabo o proceso de selección para o posto de dirección do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea.

👀Próxima charla de María Ruido na   "Pensar o mundo desde/con imaxes"📆23 de abril ás 17 h no Espazo 16Agardámosvos!
15/04/2026

👀Próxima charla de María Ruido na
"Pensar o mundo desde/con imaxes"

📆23 de abril ás 17 h no Espazo 16

Agardámosvos!

💥Os días 21 e 22 de abril María Castellanos Vicente estará impartiendo un obradoiro na nosa facultade. 👀A súa práctica c...
07/04/2026

💥Os días 21 e 22 de abril María Castellanos Vicente estará impartiendo un obradoiro na nosa facultade.

👀A súa práctica céntrase na investigación dos límites sensoriais humanos e na creación de sistemas que promoven a comunicación entre humanos e non humanos.

📆21 e 22 de abril de 17 a 20 h. Espazo 26

Non o perdades!

✨RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán)👉🏼Aberta a convocatoria para a 7ª Residencia de Artistas Emerxe...
23/03/2026

✨RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán)

👉🏼Aberta a convocatoria para a 7ª Residencia de Artistas Emerxentes no Pazo de Mariñán!

Unha experiencia de traballo interdisciplinar xunto a estudantes de ensinanzas artísticas de toda Galicia.

📍 Onde: Pazo de Mariñán (Bergondo). 🗓️ Datas: Do 15 ao 19 de xuño de 2026. 📸 Temática: Luz, espazo e instante (Homenaxe ao fotógrafo José Suárez)

⏳ Prazo de envío de propostas: 7 de abril

🚀 Aloxamento en pensión completa e certificado de asistencia.

👀Toda a info no link da bio!

Coordinan: Ignacio Barcia e Román Corbato.

💜8M | O talento que naceu aquí💜👀Hoxe, polo  , queremos mirar cara ás mulleres que pasaron polas nosas aulas e que están ...
08/03/2026

💜8M | O talento que naceu aquí💜

👀Hoxe, polo , queremos mirar cara ás mulleres que pasaron polas nosas aulas e que están a mover o mundo da arte e a xestión cultural.

🗣️Esta facultade é o lugar onde empezaron moitas historias, onde se formaron centos de mulleres que agora continúan loitando por facer o mundo da cultura un pouco máis xusto e diverso. Aquí compartimos o traballo dalgunhas das nosas creadoras, docentes e xestoras. Pero son (sodes) moitas máis e seguiremos compartindo perfís.

🔸Nas imaxes:

✨Grazas por abrir camiño e por deixarnos formar parte da vosa traxectoria✨

👉🏼¿Coñeces a algunha exalumna que estea a tope co seu proxecto? Etiqueta en comentarios ou pásanos o seu perfil por DM!

Dirección

Rua Maestranza, 2
Pontevedra
36002

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Facultade de Belas Artes publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Belas Artes:

Atajos

Compartir

Categoría