Facultade de Comunicación UVIGO

Facultade de Comunicación UVIGO Facultade de Comunicación. Campus de Pontevedra. Univ. de Vigo. www.csc.uvigo.es

Hoxe comezamos o curso 26/27 cun acto de benvida so alumnado de 1º do grao de Publicidade, de Comunicación Audiovisual e...
07/09/2026

Hoxe comezamos o curso 26/27 cun acto de benvida so alumnado de 1º do grao de Publicidade, de Comunicación Audiovisual e o dobre grao de CAV e PRP.

Tamén foi a presentación do equipo decanal, coordinadoras de grao, coordinador PIUNE, e os servizos de biblioteca, informática e conserxería.

Finalizamos o acto cunha charla de Santi Romero, Dtor. Creativo de Verve Creative Group, sobre a creatividade publicitaria. Todo un luxo!!! 😍😍

A Facultade converteuse este XOVES no escenario da rodaxe de A deriva, unha curtametraxe dirixida pola exalumna Iria Sil...
03/09/2026

A Facultade converteuse este XOVES no escenario da rodaxe de A deriva, unha curtametraxe dirixida pola exalumna Iria Silvosa, con idea orixinal da egresada da Facultade de Filoloxía e Tradución Nuria Vilán, na que exploran as relacións entre ciencia, poesía e danza. Presentada como “un ensaio cinematográfico con dimensión poética e científica”, trátase dunha curtametraxe seleccionada na convocatoria de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento galego da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia.

Síntome moi a gusto volvendo aquí”, recoñecía Iria Silvosa, titulada en Comunicación Audiovisual.

Máis info: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/egresadas-uvigo-converten-facultade-comunicacion-escenario-dunha-curta-que-fusiona-ciencia-poesia

O luns 7 de setembro comeza o curso 2026/2027 para todo o alumnado dos graos da Facultade de Comunicación da Universidad...
31/08/2026

O luns 7 de setembro comeza o curso 2026/2027 para todo o alumnado dos graos da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo

Para o alumnado de 1º de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e o Dobre Grao CAV-PRP, ás 11h no Auditorio da facultade, imos presentar nun Acto de benvida ao equipo decanal, aos coordinadores de grao e os servizos que forman parte da facultade: biblioteca, conserxería, gabinete audiovisual, informáticos...

Pecharemos este acto cunha conferencia inaugural a cargo de Santi Romero, Dtor. Creativo de Verve Creative Group , toda unha institución no mundo da comunicación publicitaria e audiovisual.

Estades todas e todos convidados!!
Comezamos!! Benvidos!!!


O silencio dun home que vive nas montañas converte a Marzo Lozano, estudante de Comunicación Audiovisual, nun dos gañado...
09/07/2026

O silencio dun home que vive nas montañas converte a Marzo Lozano, estudante de Comunicación Audiovisual, nun dos gañadores do festival Curtocircuíto. A súa obra xurdiu a partir dun traballo para a materia de Cone de non ficción.

marzo🕳️ debía realizar unha curtametraxe documental de cinco minutos, que decidiu centrar nun “home de orixe alemán, que vive nas montañas de Galicia, afastado da modernidade”, explica. As gravación realizadas para este traballo académico remataron á súa vez transformándose no punto de partida de El silencio de Allen Robert Angelo, un documental de 27 minutos, que converteu este estudante da Facultade de Comunicación no gañador da sección Supernova do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto.

Xunto ao seu documental, entre os seleccionados e seleccionadas para unha sección dedicada ao cinema emerxente galego atopábanse tamén outros traballos nacidos na Universidade de Vigo, como Oda á extinción da estudante de Belas Artes Isabella Moreno, ou Persistencia do baleiro, que Moreno realizou xunto con José García Estévez. Entre as pezas seleccionadas figura aí mesmo Unha e outra vez, da tamén alumna desta facultade Alba Amoedo; Salir do limbo, do estudante de Comunicación Audiovisual Antón Rodríguez, ou Fun abalar a pedra que está no medio do mar, do alumno de doutoramento Breogán Xague.

Máis info en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/silencio-dun-home-que-vive-montanas-converte-estudante-comunicacion-audiovisual-nun-ganadores

SIMULACRO é unha aplicación de realidade virtual que permite simular procesos de produción audiovisual nunha serie de pl...
29/06/2026

SIMULACRO é unha aplicación de realidade virtual que permite simular procesos de produción audiovisual nunha serie de platós virtuais nos que é posible pór a proba múltiples parámetros de iluminación ou de emprazamento de cámaras.

Despois de incorporar, o pasado curso, unha localización exterior, esta aplicación continúa crecendo coa posta en marcha dun “construtor de espazos”, que permite ás persoas usuarias definir as características e localización de elementos no espazo virtual. “Supón unha flexibilización da ferramenta moi importante, que abre posibilidades para o seu uso máis aló da docencia, como ferramenta de previsualización”, sinala o vicedecano Oswaldo García, coordinador desta iniciativa.

Máis info en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/simulador-procesos-producion-audiovisual-realidade-virtual-facultade-comunicacion-dotase-dun

Pois outra promoción de publicistas que se nos vai!! E xa van 28!!O acto de graduación deste venres foi bonito, emotivo,...
13/06/2026

Pois outra promoción de publicistas que se nos vai!! E xa van 28!!

O acto de graduación deste venres foi bonito, emotivo, divertido e moi ben organizado. Elas son así, moi boas e moi bos!! Axencias do mundo atentas que hai moito

Parabéns xentiña, o futuro é voso!!!

A FAC. COMUNICACIÓN UVIGO sempre será a vosa casa.
Moita Sorte!! 🍀😍

09/06/2026

Cousas que se fan na FCOM.UVIGO

Veñen pisando forte os de 1CAV 💪🏻😍👌🏻

Algunhas imaxes do que foi o Acto de Graduación da promoción 2022/2026 do Grao de Comunicación Audiovisual. Un acto ben ...
07/06/2026

Algunhas imaxes do que foi o Acto de Graduación da promoción 2022/2026 do Grao de Comunicación Audiovisual.

Un acto ben feito, ben organizado, entretido, con humor e crítica, pouco formal pero con rigor, con algúns nervios pero todo baixo control. Xusto como foi esta promoción, como son elas e eles.

Moita sorte no futuro que tedes por diante. Estades mellor preparados do que vós credes. Saíde aí afora a demostralo. 💪🏻🎥 Sodes !!

Nós tampouco olvidaremos estes catro anos! 👌🏻😍😍🍀

Para que un evento saia ben é necesario un bo equipo de xente detrás. E sae perfecto cando o equipo é excelente. 😍Graciñ...
22/05/2026

Para que un evento saia ben é necesario un bo equipo de xente detrás.
E sae perfecto cando o equipo é excelente. 😍

Graciñas rapaces!! 👌🏻😍

(… e algún máis que falta más fotos 😍)

X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación que se vai desenvolver dende o 19 ao 22...
19/05/2026

X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación que se vai desenvolver dende o 19 ao 22 de maio e no que máis de 450 especialistas de 30 países abordarán como a comunicación transforma a incerteza.

O programa deste foro abrangue tres sesións plenarias e a presentación de máis de 350 estudos.

Máis info en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/mais-450-especialistas-30-paises-abordan-pontevedra-comunicacion-transforma-incerteza

Dirección

Campus Universitario A Xunqueira, S/n
Pontevedra
36005

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Facultade de Comunicación UVIGO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Comunicación UVIGO:

Atajos

Compartir