Facultade Xeografía e Historia USC

Facultade Xeografía e Historia USC Conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

CICLO DE CONFERENCIAS | O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en GaliciaUn espazo para reflexionar sobre as cons...
09/09/2026

CICLO DE CONFERENCIAS | O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia

Un espazo para reflexionar sobre as consecuencias da Guerra Civil na arte, o patrimonio, a música, a memoria, o exilio e a cultura material en Galicia.

Ao longo de seis sesións, investigadoras e investigadores de referencia abordarán cuestións como as vangardas históricas, o espolio do patrimonio, a música durante a guerra, a memoria de figuras como Syra Alonso e Luís Seoane ou a moda na posguerra.

O ciclo está organizado polo grupo de investigación IDEAHS (Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades) e polo proxecto Performatividade do monumento. Percepción social e intervencións sobre a arte pública en España e Portugal desde 1950 (PERMORIA).

📅 Do 23 de setembro ao 28 de outubro
🕖 Todos os mércores, ás 19h
📍 Aula 8

🗞️ El Correo Gallego  | Fenollera, en la USCJosé Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte: "Esta nueva ub...
09/09/2026

🗞️ El Correo Gallego | Fenollera, en la USC

José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte: "Esta nueva ubicación es, en líneas generales, un lugar comúnmente compartido por alumnos y profesores al que también puede accederse, si así se considera, y en horarios determinados, por quienes quieran contemplar tal fondo que adquiere un mayor sentido si se valora en paralelo a lo que el Paraninfo contiene en relación con este pintor".

🔗 Le o texto completo:

El pintor José María Fenollera Ibáñez (Valencia, 1851 - Santiago de Compostela, 1918) desarrolla su labor artística en Galicia a partir de 1887. Su magisterio es ciertamente tan relevante como su obra, desarrollada en múltiples líneas. La Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santia...

09/09/2026

🎙️ A historia da arte compostelá na radio!

Dolores Barral, docente, investigadora e vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia, estréase como colaboradora de Cadena SER Galicia no programa Hoy por Hoy Santiago, xunto con Ainhoa Apestegui.

Unha vez ao mes, esta nova sección achegará ao público, de maneira divulgativa, diferentes aspectos da arte en Compostela, descubrindo o patrimonio e a historia da cidade desde novas perspectivas.

📻 Escoita aquí a súa primeira participación:
https://cadenaser.com/galicia/2026/09/08/esta-temporada-coneceremos-os-segredos-de-santiago-con-dolores-barral-vicedecana-de-historia-radio-galicia/

Grupo Iacobus

🗞️ La Voz de Galicia | A Universidade recibe trece obras do pintor Fenollera e Ibáñez
08/09/2026

🗞️ La Voz de Galicia | A Universidade recibe trece obras do pintor Fenollera e Ibáñez

As obras permanecerán expostas na Facultade de Xeografía e Historia e formarán parte das visitas guiadas á institución

🎓 Así foi a xornada de benvida ao novo alumnado de primeiro cursoOnte, a Facultade de Xeografía e Historia abriu as súas...
08/09/2026

🎓 Así foi a xornada de benvida ao novo alumnado de primeiro curso

Onte, a Facultade de Xeografía e Historia abriu as súas portas para recibir o novo alumnado dos graos e dar comezo a unha nova etapa universitaria.

Ao longo da xornada, o alumnado puido coñecer o equipo de goberno, as coordinacións dos graos, o profesorado, os diferentes servizos da Universidade e da Facultade (SEPIU, Atención Psicolóxica e Biblioteca), así como o estudantado titor, que os acompañará neste primeiro contacto co centro.

A xornada tamén serviu para descubrir os diferentes espazos da Facultade a través de percorridos en grupo e, sobre todo, para coñecer as persoas que forman parte da súa comunidade.

Desde agora, pasan a formar parte dunha comunidade de máis de 1.500 persoas, na que conviven estudantes, profesorado e persoal técnico e de administración e servizos.

Benvidos e benvidas!

Universidade de Santiago de Compostela

🗞️ Universidade de Santiago de Compostela | A Facultade de Xeografía e Historia recibe trece obras do pintor Fenollera e...
08/09/2026

🗞️ Universidade de Santiago de Compostela | A Facultade de Xeografía e Historia recibe trece obras do pintor Fenollera e Ibáñez

A Universidade de Santiago de Compostela recibe en comodato trece obras do pintor José María Fenollera e Ibáñez (Valencia, 1851), que pasan a formar parte dos espazos da Facultade.

Os cadros, previamente sometidos a labores de limpeza e restauración pola Área de Cultura USC, distribúense polas aulas 12, 13 e 15 e polo despacho decanal. O conxunto inclúe retratos, escenas de costumes e outras pezas de especial interese artístico e histórico.

A incorporación deste legado permite, ademais, reforzar a relación de Fenollera coa historia do edificio e co patrimonio da Universidade, especialmente a través da súa destacada obra mural no Paraninfo.

🔗 A nova completa: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/facultade-xeografia-historia-recibe-trece-obras-pintor-fenollera-ibanez

08/09/2026
08/09/2026

En la XII ENAP (São Miguel das Missões – RS, BR) Juan Monterroso Montero presentó ayer una conferencia sobre el pasado, presente y futuro de la ciudad compostelana.
📍 XII ENAP – Reunión Nacional de Pilgrinos
📅 6 de septiembre de 2026
📍 São Miguel das Missões – RS
Xeografía e Historia USC CISPAC

07/09/2026

En EC4RURAL continuamos apostando pola formación en comunidades de enerxía renovable e xa temos preparada a 6ª edición do noso curso. Nesta nova convocatoria introducimos unha mellora na estrutura do programa, ampliando a súa duración ata as 17 semanas, co obxectivo de ofrecer unha aprendizaxe...

Dirección

Praza Da Universidade, 1
Santiago De Compostela
15703

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Facultade Xeografía e Historia USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría