Facultade de Ciencias da Comunicación - USC

Facultade de Ciencias da Comunicación - USC Benvidx á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela 🗞📺🎥

📢 O Concello de Lalín, en colaboración coa FACOM, asociacións gastronómicas galegas e a Axencia de Turismo e Galicia, co...
08/09/2026

📢 O Concello de Lalín, en colaboración coa FACOM, asociacións gastronómicas galegas e a Axencia de Turismo e Galicia, convoca o ###III Premio Internacional de Xornalismo Gastronómico 'Álvaro Cunqueiro'.

🥇 Este galardón, recoñecido como o premio gastronómico máis importante do Estado, premia con 4.000 euros o mellor traballo xornalístico publicado en medios de comunicación, libros e outras publicacións, e con 1.000 euros o mellor texto académico.

🗓️ O prazo de recepción de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2026. O fallo darase a coñecer na LIXª Feira del Cocido.

Máis info na páxina web do Concello de Lalín.


🎙️ A FaCom celebrou o acto de benvida para o novo estudantado dos graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e do Do...
07/09/2026

🎙️ A FaCom celebrou o acto de benvida para o novo estudantado dos graos en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e do Dobre Grao.

ℹ️ Os novos membros da comunidade FaCom participaron en dous tours para coñecer a Facultade, foron informados das convocatorias que lles afectarán, déuselles a coñecer o alumnado titor e entraron en contacto cos todos os servizos de interese.

📽️ Ademais do académico, o estudantado foi animado a participar nos distintos clubs da FaCom, así como na FaCom Band, e a presentar os seus futuros proxectos n'A Sementeira.

🆙 O estudantado dos primeiros cursos ten dispoñible na intranet un documento resumo e visual do máis importante que debe saber da FaCom, da USC e dos servizos próximos.

No acto participaron o decano, Carlos Toural, os vicedecanos Sara Pérez Seijo e Ángel Vizoso, e o secretario da FaCom, Roi Méndez, o coordinador de dúas titulacións Enrique Castelló, e representantes do Alumnado Titor, as asociacións estudiantís, A Sementeira e os programas de mobilidade.

Benvidos e benvidas! 📰


Unha nova promoción do Grao en Xornalismo (2022-2026) díxolle adeus á   nun emotivo acto de graduación 🎓🎙️ A gala, que t...
03/07/2026

Unha nova promoción do Grao en Xornalismo (2022-2026) díxolle adeus á nun emotivo acto de graduación 🎓

🎙️ A gala, que tivo lugar no Auditorio de Galicia, estivo presentada por diversas alumnas e incluíu discursos, bromas, concursos e ata recoñecementos á traxectoria e contribución ao centro dos profesores Fermín Galindo, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez.

Sabemos que despedirse da comunidade FaCom non é sinxelo. Pero fixéstelo acompañados/as de dous padriños de excepción: Manuel Cheda e Irene Lourido. Lembrade que as nosas portas sempre estarán abertas para vós.

Moitos parabéns polo peche desta etapa e moitos éxitos no novo camiño profesional que iniciades 🫂


25/06/2026

📚 Miguel Rodríguez Rico estuda Xornalismo na . Ademais é un artista multidisciplinar: poeta, escritor, compositor, músico... Nos últimos anos xa escribiu 4 libros: 'Claroscuro', 'Divagar', 'Del desamor también se aprende' e 'Inspiración tiene nombre de mujer'. Pero tamén ten publicados varios singles, como 'Siendo uno más' ou o máis recente 'Ascensión', que podedes atopar en distintas plataformas musicais.

🎵 O seu é que non teñades vergoña. Sacade para fóra todo aquilo que vos estea comendo por dentro. Vai servir para sentirvos mellor e ao tempo ides axudar aos demais. Nas adversidades tamén poden florecer proxectos e oportunidades importantes para vós. Aproveitádeas!

🙏🏼 Graciñas, Miguel, por amosarnos os teus proxectos!



🎓 24 estudantes graduáronse a semana pasada no Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia, culminando unha etapa de ...
23/06/2026

🎓 24 estudantes graduáronse a semana pasada no Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia, culminando unha etapa de aprendizaxe, esforzo e crecemento profesional.

Acompañados por familiares, amizades, profesorado do centro, representantes do equipo decanal e os seus padriños de promoción, a profesora Alba Silva e o profesor José Casás, celebraron un acto emotivo (e divertido) co que puxeron o broche final a esta etapa académica.

Parabéns a todas e todos polos logros acadados e moitos éxitos nos retos que están por vir! 🙌🏽


23/06/2026

🎓 Eros López (Xornalismo, 2025) empezou a colaborar cos medios deportivos xa durante a carreira. A partir de 3º curso realizou prácticas curriculares e extracurriculares en prensa. Na actualidade traballa en 'El Progreso' cun contrato de formación, grazas a unha bolsa da Fundación Salcines.

👣 A de Eros vén da man de Dani Cabo, grazas ao que entrou a participar no videopodcast 'Non Vale Furar' realizado polo estudantado e alumni da . É un proxecto de amigos que ademais lles dá visibilidade e oportunidades de traballo e grazas ao que acceden a realizar entrevistas con personalidades do fútbol ás que admiran moito.

⚽ Este rapaz non para e tamén participa:
-Redactando e gravando reels para o medio 'Futbolinlugo', que dá conta de todas as categorías do fútbol lucense.
-Como community manager da SD Sarriana, club da súa vila co que xa colaboraba como speaker.

🙏🏼 Graciñas, Eros, por participar nas nosas redes!

O pasado venres graduouse a promoción 2022-2026 do Grao en Comunicación Audiovisual da  .🎬 A gala, presentada por divers...
17/06/2026

O pasado venres graduouse a promoción 2022-2026 do Grao en Comunicación Audiovisual da .

🎬 A gala, presentada por diversos estudantes, estivo chea de lembranzas, bromas e momentos emotivos. Despedirse da comunidade FaCom, especialmente das persoas coas que compartiches aulas, proxectos e experiencias durante catro anos, é difícil. Para nós tamén o é dicirvos adeus.

🎓 O estudantado contou con dous padriños de excepción: os profesores Marta Pérez Pereiro e Pablo Calviño Tato.

Parabéns por todo o conseguido e moita sorte nesta nova etapa. Desexámosvos o mellor en todos os vosos proxectos profesionais e persoais! 🫂


17/06/2026

🎓 Carlota Álvarez Feijoo (Dobre Grado en Xornalismo e CAV, 2024) realizou prácticas curriculares e extracurriculares en prensa e traballou nos departamentos de comunicación de festivais como 'Castelo Conta' ou 'Cineuropa'. Na actualidade está traballando cunha bolsa do CSIC nun instituto de estudios humanísticos, realizando labores de comunicación, deseño, redes...

👣 A de Carlota é múltiple. Agradece ter tantas oportunidades para probar as distintas saídas laborais da carreira para atopar as que máis lle gustan, mentres vai adquirindo unha valiosa experiencia profesional. Tamén valora moi positivamente o pulo da aos novos proxectos do estudantado, como: 🪜O Faiado Podcast, do que tamén forma parte. Deste videopodcast saíron ofertas laborais e grandes amizades.

🎬 O seu TFG, 'Ciudá de ladrillo', unha peza audiovisual que gañou na sección Novas Camadas do Festival de Cans.
📍 O seu é que faledes, que coñezades xente e que vos informedes sobre convocatorias, cursos, concursos... E que sexades amables con toda a xente, porque iso vai facilitarvos moito as cousas a nivel persoal e laboral.

🙏🏼 Graciñas, Carlota, por achegarnos as túas experiencias e proxectos!

O estudantado da materia ‘Fundamentos da Produción Audiovisual’ (1º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profeso...
03/06/2026

O estudantado da materia ‘Fundamentos da Produción Audiovisual’ (1º de Comunicación Audiovisual), impartida polo profesor Raúl García, estreou o venres 29 de maio os videoclips realizados como parte da materia.

📽️ Na gala, presentada por Irene Alba e Lucas Pérez, amosáronse os traballos dos grupos USC Records, ES3LA2, Prieto Producións Camera Films, Vivienn3, Bota Negra Producións, Compás Produción, Bendith Prod e MCA Productions, que levaron ao audiovisual temas de Ismael Cabaleiro, Gillamett, Marcos Flac, Xiro, Krug, Rookah ft 1Xenay, Why not?, m4n$$ e Xalundes.

🎼 9 videoclips que ilustran o moito e bo que pode facer esta nova xeración de CAV!

Parabéns polo voso traballo! 👏🏽


A FaCom convértese estes días nun espazo para a memoria e a reflexión sobre o xornalismo 📰🗞️ No corredor que vai do hall...
20/05/2026

A FaCom convértese estes días nun espazo para a memoria e a reflexión sobre o xornalismo 📰

🗞️ No corredor que vai do hall ao auditorio poderás visitar a exposición que percorre os 80 anos de traxectoria da Asociación de Periodistas de Santiago, poñendo en valor o papel da profesión na vida pública e social da cidade.


Dirección

Avda De Castelao, S/n. Campus Norte
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias da Comunicación - USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC:

Atajos

Compartir

Categoría