Facultade de Bioloxía USC

Facultade de Bioloxía USC Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Facultade de Bioloxía USC, Avenida Lope Gómez de Marzoa, s/n, Santiago de Compostela.

🔬🌿 ÚLTIMOS DÍAS PARA MATRICULARSE!!! na 4ª edición de“A bioloxía das pequenas e grandes cousas”📍 Facultade de Bioloxía (...
25/05/2026

🔬🌿 ÚLTIMOS DÍAS PARA MATRICULARSE!!! na 4ª edición de
“A bioloxía das pequenas e grandes cousas”
📍 Facultade de Bioloxía (USC)
📅 10–12 de xuño de 2026
🎓 Recoñecido con 1 crédito ECTS
🗓️ Matrícula aberta do 14 ao 29 de maio
👉 Inscríbete escaneando o QR e non perdas esta oportunidade de achegarte á bioloxía de forma práctica e inspiradora.

🔬🌿 A bioloxía está en todas partes… descúbrea connosco! Volve a Universidade de Verán 2026 coa 4ª edición de: “A bioloxí...
18/05/2026

🔬🌿 A bioloxía está en todas partes… descúbrea connosco! Volve a Universidade de Verán 2026 coa 4ª edición de: “A bioloxía das pequenas e grandes cousas” 📍 Facultade de Bioloxía (USC) 📅 10–12 de xuño de 2026 🎓 Recoñecido con 1 crédito ECTS 🗓️ Matrícula aberta do 14 ao 29 de maio 👉 Inscríbete escaneando o QR do cartel e non perdas esta oportunidade de achegarte á bioloxía de forma práctica e inspiradora.

Defensa de Tese Doutoral na Facultade de BioloxíaA Facultade de Bioloxía da USC acolle a defensa da tese internacional:“...
18/05/2026

Defensa de Tese Doutoral na Facultade de Bioloxía
A Facultade de Bioloxía da USC acolle a defensa da tese internacional:
“Validation and Discovery of Different Biomarkers in T2high asthma”
Doutorando: Pablo Miguéns Suárez
Directores: Francisco Javier Salgado Castro e Francisco Javier González Barcala
Programa: Doutoramento en Medicina Molecular
Idioma: Inglés
Data: 22 de maio de 2026
Hora: 11:00
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Bioloxía
Un traballo centrado na identificación e validación de biomarcadores en asma T2alta, con potencial impacto na mellora do diagnóstico e tratamentos personalizados.
👉 Aberto ao público interesado

🔬 Curso de Verán USC – 4ª edición🧬 A bioloxía das pequenas e grandes cousas📅 10–12 de xuño de 2026🎓 1 crédito optativo📍 ...
12/05/2026

🔬 Curso de Verán USC – 4ª edición

🧬 A bioloxía das pequenas e grandes cousas

📅 10–12 de xuño de 2026

🎓 1 crédito optativo

📍 Facultade de Bioloxía · Campus Vida

📣 Presentamos o programa do xoves 11 e venres 12 de xuño, correspondente ás sesións 3 e 4. Neste caso están centradas no eído da bioloxía ambiental, con relatorios a cargo de persoal docente e investigador de referencia, así como un programa de visitas á Misión Biolóxica de Galicia, a Praia de Aguete e tamén ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

📝 Prazo de matrícula:

👉 Do 14 ao 29 de maio de 2026

Un curso para achegarte á bioloxía desde múltiples perspectivas: saúde, medio ambiente, biotecnoloxía e divulgación científica.

ℹ️ Máis información na web da USC.

🔬 Curso de Verán USC – 4ª edición🧬 A bioloxía das pequenas e grandes cousas📅 10–12 de xuño de 2026🎓 1 crédito optativo📍 ...
05/05/2026

🔬 Curso de Verán USC – 4ª edición
🧬 A bioloxía das pequenas e grandes cousas
📅 10–12 de xuño de 2026
🎓 1 crédito optativo
📍 Facultade de Bioloxía · Campus Vida
📣 Presentamos o programa do mércores 10 de xuño, correspondente ás sesións 1 e 2, centradas na bioloxía aplicada á saúde humana e nas diversas áreas da biotecnoloxía, con relatorios a cargo de persoal docente e investigador de referencia.
📝 Prazo de matrícula:
👉 Do 14 ao 29 de maio de 2026
Un curso para achegarte á bioloxía desde múltiples perspectivas: saúde, medio ambiente, biotecnoloxía e divulgación científica.
ℹ️ Máis información na web da USC.

🔬 Un biólogo en la AEMPS. El final de la carrera es la línea de salidaOrganizado pola profesora Mª Elvira Ares Mazas (Ár...
05/05/2026

🔬 Un biólogo en la AEMPS. El final de la carrera es la línea de salida
Organizado pola profesora Mª Elvira Ares Mazas (Área de Parasitoloxía) e enmarcada dentro das actividades de divulgación científica e dinamización cultural da USC EUREKA, o vindeiro xoves 7 de maio de 2026, ás 17:00, teremos a oportunidade de coñecer de primeira man as saídas profesionais para biólogas/os e biotecnólogas/as fóra dos itinerarios máis tradicionais.
O Dr. Fernando Méndez Hermida, Xefe de División de Avaliación Preclínica do Departamento de Medicamentos de Uso Humano da Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios (AEMPS), compartirá a súa experiencia profesional nunha charla orientada ao estudantado e a persoas interesadas na regulación e avaliación de medicamentos.
📍 Salón de Graos da Facultade de Bioloxía
🕔 17:00 h
Unha cita especialmente recomendable para quen pensa que o final da carreira pode ser, en realidade, o comezo de moitas posibilidades.

🌍 Conferencia internacional na Facultade de Bioloxía (USC)Analizaremos os solos de Xeorxia e os seus problemas no contex...
30/04/2026

🌍 Conferencia internacional na Facultade de Bioloxía (USC)
Analizaremos os solos de Xeorxia e os seus problemas no contexto do cambio climático global da man da Prof. Manana Kevlishvili, decana da Facultade de Ciencias Agrarias da Iakob Gogebashvili Telavi State University.
📅 Martes, 5 de maio
🕛 12:00 h
📍 Aula 6 – Facultade de Bioloxía
Un encontro para reflexionar sobre a edafoloxía, o impacto climático e os retos globais desde unha perspectiva internacional.

🌿 BIOBLITZ · Facultade de Bioloxía da USC 🐞🐸🌸Aceptas o reto? 🔍Participa no Bioblitz, unha carreira organizada pola Bibli...
23/04/2026

🌿 BIOBLITZ · Facultade de Bioloxía da USC 🐞🐸🌸
Aceptas o reto? 🔍
Participa no Bioblitz, unha carreira organizada pola Biblioteca da Facultade de Bioloxía englobado nas actividades de dinamización cultural EUREKA. O obxectivo é observar e rexistrar o maior número posible de especies nunha soa xornada.
📅 28 de abril
📍 Santiago de Compostela
👥 Aberto a grupos de 2 a 5 estudantes da Facultade
📸 Fai fotos de plantas, animais e fungos que vaias atopando e súbeas a iNaturalist.
🌱 Haberá saídas organizadas e premios para o grupo que observe máis especies.
👉 Inscríbete e infórmate no enlace do cartel. NON O PERDAS!!!!

🔬 SEMINARIO ERASMUS+ | MICROBIOLOXÍAEste xoves, 23 de abril, terá lugar o seminario:🦠 “Microbiological diagnosis of uppe...
23/04/2026

🔬 SEMINARIO ERASMUS+ | MICROBIOLOXÍA
Este xoves, 23 de abril, terá lugar o seminario:
🦠 “Microbiological diagnosis of upper respiratory tract infections: Staphylococcus aureus biofilms”
👩‍🔬 Será impartido pola profesora ucraína Nataliia Kravets, actualmente de visita na nosa Universidade grazas ao programa Erasmus+.
📍 Aula CIBUS (Edificio CIBUS, planta baixa)
⏰ 12:30 h
🎓 Seminario dirixido principalmente a estudantes de grao, máster e doutoramento.
👉 Non perdas esta oportunidade de afondar nun tema clave da microbioloxía clínica!

17/04/2026

🐝 Así foi a charla “Los insectos polinizadores en España y el papel de las Colecciones de Historia Natural en su conservación” na Facultade de Bioloxía 🌱
Compartimos algúns momentos da fantástica charla impartida por Adrián Sánchez Albert (MNCN‑CSIC) onte pola tarde. Un encontro moi interesante onde se afondou na importancia dos insectos polinizadores 🦋🌼 e no papel fundamental das coleccións de Historia Natural para a súa conservación.
Grazas a todas as persoas que asistiron e participaron!

Dirección

Avenida Lope Gómez De Marzoa, S/n
Santiago De Compostela
15782

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30

Teléfono

+34881813308

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Facultade de Bioloxía USC publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir