Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC

Llamar Cómo llegar Página web

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC 📢 Síguenos tamén en LinkedIn, Bluesky, Instagram, Tiktok e Youtube

🎤🎧Yolanda Diéguez Méndez e Mónica Rey Sánchez, directora e técnica da Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais d...
23/10/2026

🎤🎧Yolanda Diéguez Méndez e Mónica Rey Sánchez, directora e técnica da Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais da USC , estiveron gravando na sala de pódcast da nosa facultade o audio que incorporarán a un vídeo divulgativo que se compartirá nas redes sociais das bibliotecas da USC. Unha das múltiples utilidades que se lle poden sacar a esta sala que dispón do equipamento necesario para a gravación, edición e produción de contido de son ou vídeo, para uso na docencia, a comunicación científica e a divulgación de diferentes iniciativas que queiran poñer en marcha tanto o PDI como PTXAS e estudantado. Hai unhas semanas houbo un curso formativo para familiarizarse co seu uso. As nosas compañeiras da biblioteca son pioneiras. O resto da comunidade do noso centro, non o dubidedes, seguide os seus pasos e aproveitade todo o potencial destas instalacións!

Onte, mércores 21 de outubro, tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC unha interesante charla sob...
22/10/2026

Onte, mércores 21 de outubro, tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC unha interesante charla sobre o efecto da IA no emprego na que Francisco Rodríguez-Fernández de Funcas destacou a importancia de formarse de xeito transversal para convertirse en persoas con criterio para poder usar a . Moitas grazas a Francisco Rodríguez-Fernández, a Públika e a Cátedra de Empresa Familiar da USC pola organización da charla e a todo o público asistente!

Esta semana seguimos co ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións coa conferencia impartida por Francisco Rodriguez-F...
19/10/2026

Esta semana seguimos co ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións coa conferencia impartida por Francisco Rodriguez-Fernandez, director da área financeira e dixitalización de Funcas que nos falará do impacto da IA no emprego. Moitas grazas a Públika e a Cátedra de Empresa Familiar da USC pola organización desta conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC. Esperámosvos no salon de graos este mércores 21 ás 12:30!

Onte tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC o último taller sobre Ferramentas Microsoft dirixido...
15/10/2026

Onte tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC o último taller sobre Ferramentas Microsoft dirixido ao estudantado de primeiro e segundo dos graos. As persoas participantes puideron poñer en práctica a elaboración de índices en traballos ou outros documentos elaborados en Word e consellos para facer máis informativas as presentacións orais con PowerPoint. Moitas grazas aos participantes e a profesora encargada do taller Noelia Romero Castro!

Hoxe tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela a charla sobre...
14/10/2026

Hoxe tivemos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela a charla sobre o traballo nunha auditora a cargo de Nerea Martínez Puga,David de la Antonia Pérez e Antía Rey Sanchez. Trataron sobre os procedementos máis habituais en auditoría como circularización, procedementos analíticos ou conciliacións bancarias. Moitas grazas as relatoras e tamén a todo o estudantado asistente!

Hoxe ampliamos o equipamento da Sala Argos para mellorar este espazo que é á vez sala de estudo e comedor. Ademais dos f...
13/10/2026

Hoxe ampliamos o equipamento da Sala Argos para mellorar este espazo que é á vez sala de estudo e comedor. Ademais dos fornos microondas, agora temos tamén unha nevera . Atendemos así unha petición d@s usuari@s deste espazo. Agardamos que vos sexa de utilidade.

Mañá mércores teremos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC a segunda conferencia do ciclo Aprendendo d...
13/10/2026

Mañá mércores teremos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC a segunda conferencia do ciclo Aprendendo das Empresas e Institucións que nesta ocasión tratará sobre Auditoría e contará con varias persoas de PwC España: Nerea Martínez Puga , David de la Antonia Pérez e Antía Rey Sanchez. Esperámosvos na aula 8 ás 12:30!

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC sinte  hoxe un fondo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras To...
08/10/2026

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC sinte hoxe un fondo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras Torrado que foi insigne profesor do noso centro, catedrático de Estrutura Económica e Decano entre 1982 e 1984.
Difícil resumir a enorme pegada intelectual, académica e persoal que deixou na nosa facultade e da que somos herdeiros/as xeracións de membros do profesorado e miles de estudantes que pasaron polas súas aulas.
Mañá venres 9 de outubro ás 12 horas, dedicaremos un minuto de silencio na súa memoria e honra.
Tamén o acompañaremos mañá no acto público que se celebrará as 16 horas no Museo do Pobo Galego.
Ficará indeleble sempre na nosa memoria.



Fotos: Paula Quiroga

📍 A Facultade celebra unha charla informativa sobre os programas de mobilidadeHoxe celebramos unha sesión informativa so...
08/10/2026

📍 A Facultade celebra unha charla informativa sobre os programas de mobilidade

Hoxe celebramos unha sesión informativa sobre os programas de mobilidade dirixida ao estudantado interesado en realizar unha estadía académica noutra universidade durante o próximo curso. Durante a actividade presentáronse as oportunidades que ofrecen os programas Erasmus+, SICUE e os Convenios Bilaterais, así como os principais aspectos a ter en conta no proceso de solicitude:

🔹 Máis de 300 prazas de mobilidade están dispoñibles para o estudantado dos Graos en Economía e en Administración e Dirección de Empresas, en destinos estatais e internacionais.

🔹 A participación nun programa de mobilidade permite adquirir competencias académicas, lingüísticas e persoais de gran valor para o desenvolvemento profesional.

🔹 Explicáronse as características dos programas Erasmus+, SICUE e Convenios Bilaterais, así como as oportunidades e particularidades de cada un deles.

🔹 Presentouse información práctica sobre os procedementos de solicitude, o recoñecemento académico das materias cursadas e as distintas axudas económicas asociadas ás mobilidades.

🔹 Lembrouse a importancia de contar coa acreditación lingüística antes de presentar a solicitude, así como a posibilidade de obtela a través das probas organizadas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC.

🌍 A Facultade anima ao estudantado a informarse con detalle sobre os destinos e programas dispoñibles e a aproveitar unha experiencia formativa que contribúe ao seu desenvolvemento académico, profesional e persoal.

Dirección

Facultade De CCalle Económicas E Empresariais. Avenida Do Burgo Das Nacións S/n
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría