Cátedra de Memoria Histórica UDC

  • Home
  • Cátedra de Memoria Histórica UDC
Call Directions Website Contact the university

Cátedra de Memoria Histórica UDC Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Cátedra de Memoria Histórica UDC, .

Este mércores, 14 de outubro, celebrarase a palestra "30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza", entre o 1977 ...
13/10/2026

Este mércores, 14 de outubro, celebrarase a palestra "30 anos de asociacionismo memorialístico na Galiza", entre o 1977 e o 2007, da man da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña, xunto á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

O acto realizarase no espazo da ACAB no Circo de Artesáns, na Rúa San Andrés nº36 (A Coruña), a partir das 19:30h. Agardámosvos!

A Cátedra de Memoria Histórica da UDC colabora co "I Congresso Internacional da Guerrilha Antifascista na Província de O...
04/10/2026

A Cátedra de Memoria Histórica da UDC colabora co "I Congresso Internacional da Guerrilha Antifascista na Província de Ourense". Animamos ás investigadoras e investigadores que teñan pesquisas vinculadas co devandito tema, a que presenten propostas de comunicación, seguindo as indicacións do Comité pola Memória Histórica do Val do Límia, entidade organizadora do congreso.

Máis info en: https://www.facebook.com/photo?fbid=1539651534865015&set=a.461031976060315

COMUNICAÇONS ACADÉMICAS E CIENTÍFICAS
👉Como parte das iniciativas programadas do I Congresso Internacional da guerrilha antifascista na província de Ourense, o Comité pola Memória Histórica do Val do Límia convida a participar no envio de comunicaçons académicas e científicas.

👉Toda a informaçom está disponível no link

https://universidadevigo-my.sharepoint.com/:b:/g/personal/xose_constenla_uvigo_gal/IQANE8PPkFLcRbQH-0bcyyM_ATpe4tKTmMyM_rPY3h9GsUc?e=U1PGUW

👉DATAS CHAVE
✅Envio de resumos: 15 de novembro.
✅Envio textos completos: 28 de dezembro.

Na tarde de hoxe remata o VIII Galeusca Historia, celebrado en Bilbao, no que estiveron presentes varios investigadores ...
25/09/2026

Na tarde de hoxe remata o VIII Galeusca Historia, celebrado en Bilbao, no que estiveron presentes varios investigadores da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña. O encontro foi nesta ocasión organizado desde a EHU/UPV, o Centro de Documentación e Investigación do Concerto Económico e as Facendas Forais e o Euskadiko Artxibo Historikoa, coa apoio do Goberno Vasco, A deputación Fotal de Bizkaia e o Centro Gogora.
Noutrora, o III Galeusca Historia foi organizado pola Cátedra de Memoria Histórica na Universidade da Coruña.

Mañá desenvolverase na Coruña o "Roteiro Marítimo Cultural", organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa c...
17/07/2026

Mañá desenvolverase na Coruña o "Roteiro Marítimo Cultural", organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración da CRMH'A e a Deputación da Coruña, no que serán lembradas as vítimas da represión franquista. Colabora coa actividade o director da Cátedra de Memoria Histórica, o profesor e historiador da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez.

O 25 de outubro de 1931 celebrouse na Coruña unha asemblea de parlamentarios galegos, determinante para que Galiza conta...
25/06/2026

O 25 de outubro de 1931 celebrouse na Coruña unha asemblea de parlamentarios galegos, determinante para que Galiza contara co seu Estatuto de Autonomía. Desde este fito, até ás Cortes republicanas no exilio reunidas en México D.F. no outono de 1945, disertará esta tarde o director da Cátedra de Memoria Histórica no local da Asociación Veciñal da Agra de Orzán.

Agardamos poder contar coa vosa presenza na presentación e proxección do filme "Sempre en Galicia. Voz e pensamento gale...
22/03/2026

Agardamos poder contar coa vosa presenza na presentación e proxección do filme "Sempre en Galicia. Voz e pensamento galeguista na emigración", do director Xan Leira.

Lamentamos inmensamente o falecemento do bibliotecario e historiador Francisco Xavier Redondo Abal. Autor de numerosos l...
21/02/2026

Lamentamos inmensamente o falecemento do bibliotecario e historiador Francisco Xavier Redondo Abal. Autor de numerosos libros e artigos de referencia arredor da represión franquista na Galiza, destacando as súas pesquisas sobre o Tribunal de Orde Pública (TOP) e a represión sobre o colectivo de bibliotecarios republicanos. Traballos que se poden ler nas páxinas de revistas como A Trabe de Ouro, Murguía, Revista Galega de Historia, Grial ou Madrygal, así como en libros de editoriais como A Nosa Terra, Laiovento, Toxosoutos ou de entidades como a Fundación Luís Tilve ou a Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo.

Foi colaborar da Cátedra de Memoria Histórica da UDC. En nome da mesma participou, xunto a Adela Figueroa, da presentación en Celanova do libro "A Transición en Galiza", coordinado por Uxío-Breogán Diéguez, no marco dunha xornadas do Comité de Memoria Histórica. E anteriormente participara do III Congreso "As outras protagonistas da Transición", que celebrou a Cátedra no Centro Universitario de Riazor no 2022 (encontro ao que se corresponde a imaxe).

Todo o noso agarimo para a súa familia.
Sempre na lembranza, Fran!!

Vén de finalizar o III Congreso Internacional Cruïlles na Universitat de Barcelona, no que participou o director da Cáte...
01/02/2026

Vén de finalizar o III Congreso Internacional Cruïlles na Universitat de Barcelona, no que participou o director da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña e dous investigadores da mesma, nomeadamente na mesa "Símbols en disputa a l'Espanya Contemporània: personatges, dates i commemoracions", coordinada por Antoni Marimon (UIB) e Carles Santacana (UB).
Nuns meses publicarase o libro no que se poderán ler as achegas de todas e todos os investigadores da devandita mesa.

Vén de defender na Facultade de Xeografía e Historia da UNED en Madrid a súa Tese de Doutoramento Carlos Díaz Diéguez, i...
11/12/2025

Vén de defender na Facultade de Xeografía e Historia da UNED en Madrid a súa Tese de Doutoramento Carlos Díaz Diéguez, investigador da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, intitulada "A Memoria Histórica en Galiza (1976-2011). Historia, asociacionismo e políticas públicas de memoria democrática".

A Tese estivo dirixida por Ángeles Egido León (UNED) e Uxío-Breogán Diéguez (UDC), e obtivo a máxima cualificación, un Sobresaínte Cum Laude.

Parabéns ao profesor Carlos Díaz Diéguez polo traballo realizado entre 2021 e 2025, para dar lugar a esta Tese, ao abeiro das súas pesquisas na Cátedra de Memoria Histórica.

Address


Telephone

+34981167000

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Cátedra de Memoria Histórica UDC posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The University

Send a message to Cátedra de Memoria Histórica UDC:

Shortcuts

  • Want your university to be the top-listed university?

Share