Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

  • Casa
  • España
  • Vigo
  • Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
«O peor galego é o que non se usa»

«Polo San Xoan, a sardiña molla o pan»☀️ Xuño xa está aquí.E con el, os días máis longos, o cheiro a sardiña asada e a p...
03/06/2026

«Polo San Xoan, a sardiña molla o pan»

☀️ Xuño xa está aquí.
E con el, os días máis longos, o cheiro a sardiña asada e a promesa dunha noite de lume. 🌊🔥
Ademais doutra cousa importante: o fin de curso. Exames entregados, proxectos pechados, cafés de última hora e moitas horas de biblioteca despois… chegou o momento de soltar o peso e respirar fondo.

Feliz xuño, comunidade! 💙

📚 A Universidade de Vigo celebra as   reivindicando lingua, cultura e memoria.Este ano, a homenaxe foi para Begoña Caama...
22/05/2026

📚 A Universidade de Vigo celebra as reivindicando lingua, cultura e memoria.

Este ano, a homenaxe foi para Begoña Caamaño, unha figura clave e profundamente transformadora da literatura galega contemporánea, pioneira na incorporación dunha mirada feminista sólida e comprometida tanto no xornalismo como na narrativa. A súa obra segue a ser un referente imprescindible para entender a evolución da creación literaria galega e o papel das mulleres nela.

A xornada combinou música, literatura e divulgación científica, coa actuación do dúo musical PÄRBO. Riobó & Pintos Duet, que amenizou o evento. Ademais, baixo a batuta do profesor Benigno Fernández Salgado, director da Área de Normalización Lingüística, tivo lugar a entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución 2026. Durante o acto, léronse fragmentos das obras gañadoras da man de Raquel Pérez Orozco, enlace de Igualdade da escola.

Na categoría de poesía, o primeiro premio recaeu en Alba Guzmán Falcón polo poemario Procurei/Rehabitar, o primeiro accésit foi para Francisco Fernández Dávila e o segundo accésit para Elena Pazos Linares. Na modalidade de relato curto, o primeiro premio foi para Noelia Fernández Romero polo texto Alén mar, o primeiro accésit recoñeceu novamente a Francisco Fernández Dávila mentres que o segundo accésit foi para Niobe Alonso Iglesias. Na categoría de tradución, o primeiro premio foi para Elvira Riveiro Tobío pola tradución de O Astrágalo, de Albertine Sarrazin, mentres que os dous accésits quedaron desertos.

Tamén se presentou un novo glosario que reforza o uso do galego no ámbito científico-técnico, contribuíndo á súa normalización en todos os espazos do coñecemento.

Unha celebración que reafirma o compromiso da Universidade de Vigo cun idioma que é identidade, coñecemento e futuro.

👉 https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-reivindica-galego-figura-begona-caamano-celebracion-letras-galegas-2026

💜 Feliz Día das Letras Galegas!Hoxe, 17 de maio, celebramos a lingua que nos une, que nos define e que seguimos construí...
17/05/2026

💜 Feliz Día das Letras Galegas!

Hoxe, 17 de maio, celebramos a lingua que nos une, que nos define e que seguimos construíndo cada día. Este ano facémolo coa mirada posta en Begoña Caamaño: escritora, xornalista, feminista. Viguesa.

E na celebrámolo á nosa maneira. 🎉
📅 19 de maio · 12.00 h
📍 Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía · Campus de Vigo
🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade

Que vos agarda?

🎵 Música do dúo PÄRBO. Riobó & Pintos Duet (Anxo Pintos e Begoña Riobó)
📖 A escritora Paula Carballeira fálanos de Begoña Caamaño
📚 Presentación do Glosario de ciencia e tecnoloxía dos materiais
🏆 Entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución 2026 e lectura dos textos gañadores
🌟 Entrega do distintivo de galeguización Gal Ego da Universidade de Vigo
🎶 Peche co Himno Galego

Vén celebrar a lingua. Vén celebrar a Begoña. 💜
Universidade de Vigo

08/05/2026

🎬 E así pechou a súa terceira edición «A lingua galega no cinema»

Cinco sesións. Cinco encontros entre un público que encheu a sala e o mellor do audiovisual galego. O cinema en galego ten público, e moito.

Ao longo de marzo e abril, o Edificio Cambón acolleu documentais, longametraxes, animación e curtametraxes que demostraron, unha vez máis, a forza e a creatividade da produción audiovisual galega.

Grazas a quen fixo posible este ciclo:
🎙️ Ás cineastas que compartistes o voso traballo e a vosa experiencia.
🪑 Ao público que encheu as butacas sesión tras sesión.
🤝 Á organización da Universidade de Vigo a través de Susana Reboreda, da Vicerreitoría de Extensióno e coordinación de Simone Saibene.
🏛️ Á Deputación Pontevedra e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia polo seu apoio.

Ata a seguinte edición! 🎞️

08/05/2026

🎬 E así pechou a súa terceira edición «A lingua galega no cinema»

Cinco sesións. Cinco encontros entre un público que encheu a sala e o mellor do audiovisual galego. O cinema en galego ten público, e moito.

Ao longo de marzo e abril, o Edificio Cambón acolleu documentais, longametraxes, animación e curtametraxes que demostraron, unha vez máis, a forza e a creatividade da produción audiovisual galega.

Grazas a quen fixo posible este ciclo:
🎙️ Ás cineastas que compartistes o voso traballo e a vosa experiencia.
🪑 Ao público que encheu as butacas sesión tras sesión.
🤝 Ao noso organizador Simone Saibene e ao crítico Severiano Casalderrey, pola súa dedicación e entusiasmo.
🏛️ Á Deputación Pontevedra e ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia polo seu apoio.

Ata a seguinte edición! 🎞️
Universidade de Vigo

✍️ Un novo premio literario nace en Vigo… e o galego ten un lugar reservado nel.A Fundación Ángeles Terrazo convoca o se...
30/04/2026

✍️ Un novo premio literario nace en Vigo… e o galego ten un lugar reservado nel.

A Fundación Ángeles Terrazo convoca o seu Premio de Novela 2026, dotado con 20.000 euros e aberto a autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas escritas en castelán ou galego.

📖 A obra gañadora será publicada en castelán e galego, e a titularidade seguirá sendo do autor ou autora.
📅 Prazo de presentación: ata o 30 de xuño de 2026
🏆 Fallo do xurado: outubro de 2026
🎖️ Entrega do premio: 14 de novembro de 2026, en Vigo

🔗 Toda a información e inscrición en fundacionangelesterrazo.gal


📚 Seguimos con outro día dedicado á literatura.Hoxe, 24 de abril, ás 13.00 h, a Casa de Rosalía de Castro acolle a xunta...
24/04/2026

📚 Seguimos con outro día dedicado á literatura.

Hoxe, 24 de abril, ás 13.00 h, a Casa de Rosalía de Castro acolle a xuntanza de deliberación dos Premios Literarios da Universidade de Vigo.

O xurado, formado por Anxo Angueira, Alicia López Pedreira, Fran Alonso, Inés Mosquera Calvo e Beni Salgado, será o encargado de seleccionar as obras gañadoras nesta nova edición.

Nesta convocatoria presentáronse traballos nas categorías de poesía, narrativa e tradución, que amosan o interese por seguir creando e escribindo en galego.

📖 Moi pronto coñeceremos os textos premiados.
🍀

📚 Se che gusta ler… por que non facelo en galego?Aproveitando o  , propoñémosche algo:👉 se che gustaron algúns destes tí...
23/04/2026

📚 Se che gusta ler… por que non facelo en galego?

Aproveitando o , propoñémosche algo:
👉 se che gustaron algúns destes títulos… que tal probar con estas "alternativas" da literatura galega?

Historias de amizade, memoria, amor, crítica social ou poesía contemporánea… tamén as tes aquí, na nosa lingua.

📖 Porque ler en galego non é só unha opción máis: é descubrir novas voces, novas historias e unha forma propia de contar o mundo.

💬 Cal destes lerías primeiro?

⚖️ O galego tamén ten dereitos. E deberes.Desde a ANL da Universidade de Vigo organizamos a xornada "Deberes lingüístico...
16/04/2026

⚖️ O galego tamén ten dereitos. E deberes.

Desde a ANL da Universidade de Vigo organizamos a xornada "Deberes lingüísticos tamén co galego. Dereito e garantías lingüísticas", na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Un espazo de reflexión sobre os dereitos lingüísticos, o uso do galego no ámbito xurídico e institucional, e as garantías necesarias para facelo efectivo.
🗓️ Venres, 17 de abril · 9.30 h
📍 Sala de graos · Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo · Vigo

Que abordaremos?
🔹 Linguas, dereito, minorías e xustiza
🔹 As competencias lingüísticas do persoal sanitario
🔹 Presentación do libro Estudo sobre dereitos lingüísticos: o marco xurídico do galego, de Xosé Manuel Pacho
🔹 Mesa redonda: A lingua galega na xustiza e na administración

A clausura correrá a cargo do reitor, Manuel Reigosa.

Inscricións: 🔗 https://xorxur.webs.uvigo.es/

Unha iniciativa da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración coa Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. Universidade de Vigo.

🐦 A anduriña xa está de volta!Coa chegada da primavera regresan ás nosas aldeas e cidades un dos paxaros máis queridos d...
15/04/2026

🐦 A anduriña xa está de volta!

Coa chegada da primavera regresan ás nosas aldeas e cidades un dos paxaros máis queridos de Galicia. E a lingua galega leva séculos aprendendo a ler o tempo a través do seu voo.

Baixa ou alta, a rentes da auga ou cara ao ceo, a anduriña sempre ten algo que dicir:
«Andoriña que alta voa non teme que chova» ☀️
«Andoriña a rente da auga, choiva na cama» 🌧️
«Amigo polo seu proveito, andoriñas no teito» 🏠

Coécela como anduriña ou andoriña? Un paxaro que sempre é sinal de que o bo tempo chegou. 🌿

Dirección

Campus Universitario De Vigo
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 15:00
Martes 08:00 - 15:00
Miércoles 08:00 - 15:00
Jueves 08:00 - 15:00
Viernes 08:00 - 15:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo:

Compartir

Categoría