Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo

  • Casa
  • España
  • Vigo
  • Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo

Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Páxina web oficial da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo en Facebook

Gran recoñecemento á ciencia e á innovación na nosa contorna! 🏅A nosa compañeira Lucía Díaz, investigadora da UVigo, foi...
17/06/2026

Gran recoñecemento á ciencia e á innovación na nosa contorna! 🏅

A nosa compañeira Lucía Díaz, investigadora da UVigo, foi galardoada co accésit nos Premios RAGC-UIE en Ciencias Técnicas. Un recoñecemento da Real Academia Galega de Ciencias e a Universidad Intercontinental de la Empresa que nos enche de orgullo. 🙌

Queremos destacar a gran traxectoria da nosa compañeira, que destaca por:

- O Impacto internacional: Liderou proxectos que captaron máis de 3,5 millóns de euros para a UVigo.
- Innovación urbana: Experta no mantemento intelixente de infraestruturas.
- Compromiso social: O seu traballo aplica criterios de circularidade na construción e mellora directamente a accesibilidade ♿️ e a convivencia de todas as persoas.

O traballo da Investigadora Lucía Díaz é clave para o futuro das nosas cidades. Está especializada na dixitalización da contorna construída para crear espazos máis seguros, intelixentes e sostibles. 🏗️🌍🤖

O seu labor ten un impacto real nas nosas vidas. Parabéns, Lucía, por este máis que merecido recoñecemento! 👏🚀

15/06/2026
Outra graduación chea de emoción e ilusión! 🤩Este pasado luns, no Auditorio Mar de Vigo cheo ata a bandeira, volveu ser ...
11/06/2026

Outra graduación chea de emoción e ilusión! 🤩

Este pasado luns, no Auditorio Mar de Vigo cheo ata a bandeira, volveu ser un día moi especial coa celebración da graduación do curso 2025-26. Foi unha xornada entrañable que nos deixou momentos inesquecibles e onde houbo de todo: actuacións musicais vibrantes a cargo de estudantes da nosa Escola, sorprendentes trucos de maxia que deixaron a todo o público asistente coa boca aberta e momentos que nos fixeron sacar os panos e tamén sacar peito destas novas xeracións.

O acto de graduación contou coa presenza de numerosas autoridades de todos os ámbitos, que fixeron un oco nas súas axendas e non quixeron perder a oportunidade de pór en valor o esforzo dunha grande etapa. Tamén destacaron o gran talento das persoas da Escola e a importancia da Enxeñería Industrial e Biomédica no desenvolvemento da nosa cidade e da nosa comunidade, sendo referentes na Enxeñería a nivel internacional.

Días como este fannos sentir orgullosos do esforzo, da creatividade e do camiño percorrido por esta xeración. Parabéns a todas as persoas graduadas e ás familias por seguir confiando na nosa Escola. O futuro está nas vosas mans, pero sempre con sentidiño! 🎉🔧🎶

O pasado 29 de maio tivemos unha nova oportunidade de volver participar na 5ª edición da Expofeira da Universidade de Vi...
08/06/2026

O pasado 29 de maio tivemos unha nova oportunidade de volver participar na 5ª edición da Expofeira da Universidade de Vigo "A ciencia que vén ten nome de muller", unha xornada que xuntou a máis de 300 estudantes de educación infantil e primaria de centros do Val Miñor 👧🧒🏫

Esta xornada constitúe unha grande oportunidade para seguir sensibilizando e achegando a relevancia que ten a ciencia e a tecnoloxía no desenvolvemento da sociedade, tamén a importancia de facelo dende unha perspectiva participativa, inclusiva e integradora 🤝❤️. A feira tamén foi unha oportunidade para o público en xeral, quen puido participar na xornada en horario de tarde 🕒🎟️

O alumnado que se achegou ata a feira tivo a oportunidade de g***r, sendo protagonistas dunha variedade de experimentos, demostracións e obradoiros interactivos que prepararon con todo o esmero o persoal dos grupos de investigación da Universidade, da nosa Escola. Tamén pór en valor a gran labor que veñen facendo na divulgación da ciencia e a tecnoloxía as nosas asociacións estudantís: Vortex UVigo, UVigoSpacelab, CES UVigo... que tamén estiveron na feira 🚀🤖🎓

Foi unha xornada incrible na que puidemos volver g***r do talento, da ilusión, que o alumnado participante nos amosou deixando grandes momentos durante o desenvolvemento dos experimentos, xogos e obradoiros 🌟👏

A EEI quere amosar o seu compromiso e a súa aposta pola divulgación científica e tecnolóxica como a mellor maneira de seguir avanzando para que as persoas coñezan o papel que xogan nas nosas vidas e tamén as grandes oportunidades que presentan as disciplinas STEM cara ao futuro de mozos e mozas 🎯👩‍🚀

Os nosos parabéns á organización e ás institucións que fixeron posible a celebración dunha nova edición da feira 🎉🏅

A estas alturas, non imos descubrir nada novo se dicimos que unha das grandes fortalezas da enxeñería industrial é a cap...
02/06/2026

A estas alturas, non imos descubrir nada novo se dicimos que unha das grandes fortalezas da enxeñería industrial é a capacidade que dá para resolver problemas complexos. Pero... que pasa coas preguntas de moita transcendencia que a todos nos asaltan nesta época do ano?Falamos dos interrogantes clásicos: Que somos?, de onde vimos? e a onde vamos?
Na EEI non imos andar con rodeos. Temos claras as respostas. E estamos seguros de que, en canto as coñezas, resolverás a túa outra gran preocupación existencial: Que estudar e onde facelo?

🏛️ Que somos?
Unha Institución Pública de Educación Superior que ofrece formación integral en Enxeñería Industrial (grao, máster e doutorado). Unha Escola que deseña os seus títulos para dar resposta aos desafíos reais das empresas e da sociedade dun xeito eficiente, sostible e responsable, sempre dende o rigor.

⏳ De onde vimos?
Vimos de moi lonxe: somos unha Escola con 125 anos de bagaxe na Enxeñería Industrial. Ademais, este ano cúmprese o 15 aniversario (2011-2026) da maior ‘fusión universitaria’ de Galicia, que nos converteu no gran referente do sistema universitario galego.

🔮 A onde vamos?
Imos cara ao futuro. Aspiramos a seguir liderando as demandas sociais dun xeito innovador. Pero, sobre todo, imos a onde ti queiras chegar: porque sabemos que só a través dunha formación de calidade se garante un futuro cheo de grandes oportunidades no que facer realidade todos os teus soños.

Se miras hoxe o abanico de titulacións que impartimos na EEI, vas alucinar! Consulta a nosa oferta formativa: eei.uvigo.es/gl/estudos/oferta-formativa/

Xa o tes claro? Non te compliques a existencia e estuda na EEI! 🎓

O COITIVIGO, en colaboración coa Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, vén de convocar a edición 2026 ...
29/05/2026

O COITIVIGO, en colaboración coa Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, vén de convocar a edición 2026 do Premio ao mellor Traballo Fin de Grao presentado na EEI durante o ano 2025.

Esta convocatoria ten por obxecto recoñecer a excelencia académica, técnica e profesional do alumnado egresado da EEI, así como reforzar os vínculos entre a Universidade, a profesión colexiada e o sector industrial.

🎓 A quen vai dirixido? Se defendiches o teu TFG entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, animámoste a que presentes o teu proxecto. Quen sabe se o teu traballo será un dos elixidos? É unha oportunidade de ouro para demostrar a túa valía e abrir as portas cara ao teu futuro profesional.

📅 Prazos: O prazo de presentación arrancou o 25 de maio e estará aberto ata o 25 de xuño de 2026.

🔗 Bases e inscrición: Toda a información e as bases da convocatoria pódense consultar na seguinte ligazón: 👉 https://www.coitivigo.es/colegiacion/premio-tfg

🚀 Se non dás o paso adiante, podes perder unha grande oportunidade de amosar o teu potencial. A que esperas? Participa!

Despois de meses de moito traballo, de longas xornadas de estudo e de prácticas de todo tipo, xa estamos na recta final ...
26/05/2026

Despois de meses de moito traballo, de longas xornadas de estudo e de prácticas de todo tipo, xa estamos na recta final do curso, inmersos nun calendario de exames do máis esixente; deses que dan vertixe e que poñen a proba o sistema nervioso (“Keep calm and carry on”) 😵🌀📝

Aínda que non nos gusta dar consellos, queremos animarvos a saír a por todas e a dar o mellor de vós 💪✨

Lembrade o que sempre dicimos: non existe o fracaso, soamente aprendemos que algunhas cousas non se poden facer como pensabamos... E se non saen á primeira, aproveitade todas as oportunidades que tedes 🎯 As cousas non son como empezan, senón como rematan, e xa sabedes que na Escola nos gustan os finais felices 😊🏁

Desde a Escola queremos enviarvos unha mensaxe de ánimo para que afrontedes esta etapa coa moral moi alta, sempre con boa actitude e coa mentalidade de dar o mellor de vós para superar todo o que se vos poña por diante 🙌🌟

A vocación da xente que estuda en Industriais, o noso ADN, é a de resolver grandes problemas e mellorar a vida das persoas 🛠️ Aínda que non o creades, tedes unha preparación excelente para resistir e superar o calendario máis esixente, incluído o de Industriais 🏗️

A EEI non che dá ás, pero queremos que chegues moi alto. Ánimo e a por todas! 🚀🎓👏

Este pasado mércores, 20 de maio, tivemos o privilexio de acoller unha nova edición, nada menos que a ###II, do Seminari...
22/05/2026

Este pasado mércores, 20 de maio, tivemos o privilexio de acoller unha nova edición, nada menos que a ###II, do Seminario de Loxística que vén organizando o “Grupo de Ingeniería de Organización” (GIO) da EEI. A xornada arrancou coa inauguración a cargo do noso director, José Fariña, e de José Carlos Prado, profesor do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da UVigo, director do GIO e organizador do evento.
Os nosos parabéns ao grupo GIO por esta apaixonante xornada 🎉👏

Esta xornada, que xa é unha das citas máis destacadas no ámbito da loxística en Galicia, reúne cada ano na nosa Escola a máis dun centenar de profesionais/estudantes. Sen dúbida este evento é unha grande oportunidade de coñecer de primeira man proxectos sobre experiencias prácticas a través dun amplo panel de persoas expertas que, asemade, en moitos casos se formaron na nosa Escola. Vaia orgullo que sentimos cando volven á EEI a contarnos os grandes proxectos nos que están a traballar e liderando 🤝🚚

O noso agradecemento aos intervenientes por facer un oco nas súas apertadas axendas e achegarse ata a nosa Escola para compartir as experiencias dos seus proxectos. Tamén é unha honra ver como persoas egresadas da Escola están a facer grandes cousas nas empresas da nosa comunidade e a pór en valor a marca EEI por todo o mundo 🙌🌍

Pensabas que xa o sabías todo sobre a Xeración T? Se pensabas que era unha moda pasaxeira, nada máis lonxe da realidade....
21/05/2026

Pensabas que xa o sabías todo sobre a Xeración T? Se pensabas que era unha moda pasaxeira, nada máis lonxe da realidade. A Xeración T non para de medrar e de deixarnos coa boca aberta coa súa preparación e dominio das soft skills.Pois si, hai quen di que as novas xeracións xa non son como as de antes… e teñen razón: Son mellores!. Vaia ‘profile’ gastan:

• TOP: Porque non se conforman con facer as cousas ben, sempre buscan chegar ao máis alto.
• TOGETHER & TEAM: Saben que o talento suma, pero o equipo multiplica.
• THINK: Pensan, analizan e, sobre todo, non teñen medo a dicir o que pensan.
• TROUBLE: Onde outros ven un problema, eles ven un reto complexo que resolver.
• TARGET: Van ao gran. Teñen as metas claras e os obxectivos no punto de mira.
• TRAVEL: Son unha xeración sen fronteiras, que domina linguas e que entende que o mundo é a súa casa (e o Erasmus, unha parada obrigatoria 😉)

Na EEI sentímonos orgullosos de contar con esta comunidade unida pola tecnoloxía e o talento. Grazas polo gran traballo que demostrades cada día, o futuro é da Xeración T, tamén Teu.

➡️ Identifícaste con este perfil? Se es dos nosos, déixanos un ❤️ e demostra que a Xeración T está máis viva que nunca. Que outra palabra con T define o teu grupo de traballo?

Os días 8 e 9 de maio de 2026 a EEI volveu estar presente nunha nova edición de Ponteciencia (Feira da Miniciencia). Inv...
14/05/2026

Os días 8 e 9 de maio de 2026 a EEI volveu estar presente nunha nova edición de Ponteciencia (Feira da Miniciencia). Investigadores de distintas áreas da Enxeñería Industrial (Enxeñería Química, Enxeñería de materiais, Tecnoloxía electrónica, Enxeñería Biomédica…), a través de talleres interactivos, fascinaron ao alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e FP, amosando a capacidade da ciencia e a tecnoloxía para transformar e mellorar o mundo que nos rodea. Para alucinar! ✨🔬

Na feira tamén contamos coa presenza da asociación estudantil UVIGO Spacelab, na que participan estudantes da Escola de Enxeñería Industrial de distintas disciplinas, que amosaron ao público o papel clave da Enxeñería Industrial no desenvolvemento dunha misión espacial real. Vaia maneira de dar á imaxinación do talento mozo! 🚀🛰️

Ponteciencia é un proxecto organizado pola Concellería de Educación do Concello de Pontevedra en colaboración coa FECYT – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, co obxectivo de desenvolver o pensamento investigador entre a xente máis nova achegando a ciencia e a innovación desde o máis próximo e cotián 👩‍🔬👨‍🔬

Tamén busca espertar a curiosidade e o interese científico a nivel persoal e colectivo, así como estimular a participación cidadá en procesos científicos 🧠🔎

Parabéns á organización desta Feira da Miniciencia e grazas a todas as persoas da Escola que se envorcaron para facer as delicias do público asistente. A pola seguinte! 🎉👏

Dirección

Sede Campus: Calle Maxwel, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo:

Compartir

Categoría