04/06/2026
Hoxe queremos compartir algúns momentos moi especiais da Gala de Ostras de Pedra e aproveitar para dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible este proxecto ao longo de todo o curso. 🦪✨
En primeiro lugar, queremos agradecer o enorme traballo e implicación do alumnado e profesorado da EAV/CIFP Audiovisual de Vigo, que leva meses facendo posible este evento con esforzo, coordinación, creatividade e moitísima ilusión. Grazas por demostrar, unha vez máis, o talento e a capacidade de traballo en equipo que hai no noso centro.
O noso agradecemento tamén ao xurado da Gala: Xaime, Amaia, Alba e Alicia, por acompañarnos nesta edición e valorar os traballos con profesionalidade e sensibilidade.
Grazas tamén a Alberte por conducir a Gala con tanto carisma e dedicación, e a Virginia por regalarnos unha actuación tan especial que fixo da noite unha experiencia aínda máis emotiva e entretida.
Queremos agradecer igualmente a asistencia das autoridades dos CIFPs, así como de todas as persoas que participaron na entrega dos premios e acompañaron ao alumnado nun día tan importante.
Moitas grazas tamén aos colaboradores e patrocinadores que contribuíron a facer posible este evento:
📍 O Noso Lar, Augas do Paraño, O Peirao e Bar Ribeiro, pola súa colaboración con comida e bebida.
📍 CIFP Valentín Paz Andrade, polo deseño e fabricación dos premios.
📍 ONCE e O Salón do Libro, pola achega de materiais adaptados como libros en Braille e cascos canceladores de ruído para facer da Gala un espazo máis accesible e inclusivo.
E, por suposto, grazas a todas as familias, amizades e público asistente por apoiar e acompañar ao noso alumnado nunha noite tan especial.
De corazón, grazas a todas as persoas que formastes parte de Ostras de Pedra este curso. 💙
Vémonos na próxima edición! 👀🎬