Oficina Medio Ambiente Universidade de Vigo - OMA

Oficina Medio Ambiente Universidade de Vigo - OMA A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo constitúe o órgano responsable da política ambiental da Universidade de Vigo.

As súa funcións son:

- Asesorar á comunidade universitaria en temas relacionados co medio ambiente.
- Intervir nas actuacións que poidan afectar negativamente ás condicións e compoñentes ambientais da UVIGO.
- Promover e coordinar calquera acción encamiñada a aumentar a calidade de vida na universidade, equilibrando a relación entre as persoas e o medio.

🌍 Hoxe, 17 de xuño, é o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca.Esta data, promovida pola ONU, busca concienciar s...
17/06/2026

🌍 Hoxe, 17 de xuño, é o Día Mundial contra a Desertificación e a Seca.

Esta data, promovida pola ONU, busca concienciar sobre a importancia de protexer os solos e facer un uso sostible da auga, dous recursos esenciais para a vida.

🏜️ A desertificación, as secas cada vez máis frecuentes, os incendios forestais e a degradación dos ecosistemas son algúns dos grandes desafíos ambientais aos que nos enfrontamos.

🌱 Os solos sans axúdannos a conservar a biodiversidade, producir alimentos, almacenar auga e combater os efectos do cambio climático.

💧 Dende a OMA queremos lembrar que pequenos xestos como aforrar auga, coidar os bosques ou consumir de forma responsable contribúen a protexer o noso territorio e o noso futuro.

🌍 Hoxe, 16 de xuño, celebramos o Día Mundial das Tartarugas Mariñas.🐢 Estes réptiles mariños forman parte dos ecosistema...
16/06/2026

🌍 Hoxe, 16 de xuño, celebramos o Día Mundial das Tartarugas Mariñas.

🐢 Estes réptiles mariños forman parte dos ecosistemas oceánicos desde hai millóns de anos e desempeñan funcións ecolóxicas importantes no mantemento do equilibrio mariño.

🌊 A súa presenza contribúe á conservación de hábitats como pradarías mariñas e arrecifes, fundamentais para numerosas especies.

⚠️ Porén, a contaminación dos océanos, a captura accidental, a degradación das zonas costeiras e os afectos do cambio climático continúan a representar ameazas importantes para a súa supervivencia.

🤝 A protección dos ecosistemas mariños, a redución dos residuos e o apoio á investigación e conservación son fundamentais para garantir o futuro destas especies.

Coñeces as consecuencias de danar a flora silvestre?O Campus de Vigo acolle diversas especies de flora silvestre de gran...
15/06/2026

Coñeces as consecuencias de danar a flora silvestre?

O Campus de Vigo acolle diversas especies de flora silvestre de gran valor ecolóxico, entre elas as orquídeas, que forman parte do noso patrimonio natural e están protexidas pola lexislación vixente. Respectalas non é só unha cuestión de conservación, senón tamén unha obriga legal.

🚫 Arrincar, danar ou destruír exemplares de flora silvestre sen autorización pode supoñer sancións económicas importantes.

📖 Segundo a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, as multas por danar especies silvestres poden comezar nos 600 € para infraccións leves e alcanzar os 100.000 € ou máis nos casos de maior gravidade.

🌸 No noso campus podemos atopar especies de gran valor, como Serapias lingua, Serapias cordigera e as escasas Dactylorhiza maculata e Dactylorhiza elata, das que existen moi poucos exemplares.

📸 Admíraas, fotográfaas e desfruta delas. Non as pises, non as arrinques e axuda a conservar a biodiversidade do Campus de Vigo.

Protexer a natureza é responsabilidade de todas e todos!

🌿 Hoxe, 24 de maio, celebramos o Día Europeo dos Parques Naturais.🌍 Estes espazos protexidos representan áreas de alto v...
24/05/2026

🌿 Hoxe, 24 de maio, celebramos o Día Europeo dos Parques Naturais.

🌍 Estes espazos protexidos representan áreas de alto valor ecolóxico, onde a conservación da natureza convive co uso sostible dos recursos.

🐦 Neles mantéñense procesos naturais esenciais e unha gran diversidade de especies, contribuíndo ao equilibrio ambiental e á preservación do patrimonio natural.

⚠️ Porén, factores como o cambio climático ou a presión das actividades humanas supoñen retos importantes para a súa conservación a longo prazo.

🤝 A súa protección require planificación, xestión baseada no coñecemento científico e unha actitude responsable por parte da sociedade.

📆 Hoxe, 22 de maio, é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.🌿A biodiversidade engloba todos os seres vivos e os e...
22/05/2026

📆 Hoxe, 22 de maio, é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.

🌿A biodiversidade engloba todos os seres vivos e os ecosistemas onde viven. Dela dependen o equilibrio da natureza, os alimentos que consumimos, a auga que bebemos e mesmo o clima do planeta.

⚠️ Malia a súa importancia, está en risco: o cambio climático, a contaminación, a destrución dos hábitats e as especies invasoras están a provocar unha perda acelerada de biodiversidade.

📍 En Galicia contamos cun patrimonio natural único, con rías, bosques, ríos e montes que albergan unha gran variedade de especies.

🌱 Coidar da biodiversidade está nas nosas mans: reducir o noso impacto, respectar a natureza e consumir de forma responsable son pequenos xestos que marcan a diferenza.

🌿 Hoxe, 21 de maio, celebramos o Día Europeo da Rede Natura 2000.🌍 Unha data para poñer en valor a maior rede de espazos...
21/05/2026

🌿 Hoxe, 21 de maio, celebramos o Día Europeo da Rede Natura 2000.

🌍 Unha data para poñer en valor a maior rede de espazos naturais protexidos de Europa, creada para conservar a biodiversidade e garantir o equilibrio entre a natureza e as actividades humanas.

📍 En Galicia, máis do 12 % do territorio forma parte desta rede, incluíndo rías, montes, ríos e zonas costeiras de gran valor ecolóxico.

⚠️ Estes espazos enfróntanse a importantes retos como a perda de biodiversidade, o cambio climático ou a presión humana sobre os ecosistemas.

🤲🏼 Coidar da natureza tamén está nas nosas mans.

♻️ Sabedes que hoxe, 17 de maio, ademais de celebrarse o Día das Letras Galegas tamén se celebra o Día Mundial da Recicl...
17/05/2026

♻️ Sabedes que hoxe, 17 de maio, ademais de celebrarse o Día das Letras Galegas tamén se celebra o Día Mundial da Reciclaxe?

📅 Unha data para lembrar que os residuos non son só lixo, senón recursos que poden ter unha segunda vida se os xestionamos correctamente.

🏡En Galicia xeramos unha gran cantidade de residuos cada ano, e moitos deles poderían reciclarse se facemos unha boa separación no fogar.

🗑️Pequenos xestos como reducir o consumo, reutilizar materiais ou reciclar correctamente poden marcar unha gran diferenza.

🌍 Coidar o planeta está nas nosas mans.

📅 Durante as pasadas semanas, revisamos e actuamos sobre os principais focos de Persicaria capitata ó longo do campus. A...
14/05/2026

📅 Durante as pasadas semanas, revisamos e actuamos sobre os principais focos de Persicaria capitata ó longo do campus. Actividades enmarcadas dentro dos labores de acción contra especies invasoras da OMA.

🌸 A Persicaria capitata é unha herbácea rastreira, que se caracteriza polas súas inflorescencias de cor rosada en forma de boliñas e polas súas follas verdoso-encarnadas cunha mancha escura en forma de “V”. É moi resistente, medra en zonas pouco accesibles como gretas de muros e beirarrúas. Foi principalmente propagada polo medio natural debido á fuga dende xardíns e zonas urbanas, onde se emprega con fins ornamentais.

⚠️ No campus, aínda que o lugar de maior concentración é a contorna da Escola de Telecomunicacións, medra noutras zonas debido a súa gran capacidade de expansión e desprazamento doutras especies.

🪏 Os labores de erradicación da Persicaria no campus lévanse realizando dende hai uns 10 anos, o que demostra a dificultade de control desta invasora.

📅 Onte, día 11 de maio, recibimos ás rapazas e rapaces dos cursos 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Politécnico de Vi...
12/05/2026

📅 Onte, día 11 de maio, recibimos ás rapazas e rapaces dos cursos 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Politécnico de Vigo. Realizamos parte dos itinerarios de Cima e de Fondo, no Campus de Vigo.

🥾 Durante as 2 horas e media aproximadamente de visita, percorremos sendeiros naturais do campus, visitando as principais paradas das zonas da Lagoa de Filoloxía, o Estanque de Deportes e a Lagoa de Ciencias.

👩🏽‍🏫 Explicámoslle ao alumnado os principais labores que realizamos dende a OMA, e cales son as nosas bases fundamentais á hora de xestionar o medio ambiente na contorna da Universidade. Así como as principais claves que se deben seguir nas saídas pola natureza para respectala e causar as mínimas alteracións posibles.

🌳 Ao longo de toda a andaina, puidemos ver e explicar as principais especies de flora presentes no Campus, e falamos tamén do perigo das especies invasoras, tanto de flora como de fauna.

🌧️ Malia que a meteoroloxía non acompañou, a xornada valeu para concienciar as novas xeracións sobre o coidado e a importancia das zonas naturais así como para ensinarlles o valor do autóctono. Entre todos e todas, aprendemos xuntos e pasamos unha mañá diferente.

👀 Para máis información sobre os itinerarios: https://oma.webs.uvigo.es/EducacionAmbiental/ProgramasEducativos.php

🌍 Hoxe, 9 de maio, celebramos o Día Internacional das Aves.🐦 Estes vertebrados están amplamente distribuídos e participa...
09/05/2026

🌍 Hoxe, 9 de maio, celebramos o Día Internacional das Aves.

🐦 Estes vertebrados están amplamente distribuídos e participan en múltiples procesos naturais que contribúen ao equilibrio dos ecosistemas.

🌱 A súa diversidade e abundancia ofrecen información valiosa sobre o estado do medio natural e a evolución dos hábitats.

⚠️ Nas últimas décadas, diversas presións ambientais están a afectar negativamente a moitas poboacións, reflectindo cambios significativos nos ecosistemas.

🤝 Avanzar na súa conservación implica preservar os espazos naturais, mellorar a xestión do territorio e fomentar o coñecemento científico.

Dirección

Edificio Miralles, Oficina 8 Y 10, Universidade De Vigo
Vigo
36310

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

986 813883

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Oficina Medio Ambiente Universidade de Vigo - OMA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Universidad

Enviar un mensaje a Oficina Medio Ambiente Universidade de Vigo - OMA:

Compartir

Categoría