08/04/2025
Outra das propostas do Coloquio Internacional Cruzamentos Galiza-Portugal é a exposición "Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX: Galiza, Portugal, América",
Desde esta quinta feira 10 de abril até o 18 de maio, no Salón Nobre do Centro Galego de Lisboa, os ollos pousaranse de novo, como outrora, nestas 21 estrelas; todas galegas, todas mulleres.
Vén coñecelas xa na inauguración da exposición, nesta quinta 10 de abril, ás 19h15.