Facultade de Socioloxía UDC

Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Facultade de Socioloxía UDC Páxina Oficial da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña

Parabéns a Eva Vilar Coira, que onte defendeu a súa Tese de Doutoramento, "Polarización e comunicación: a construción so...
29/10/2026

Parabéns a Eva Vilar Coira, que onte defendeu a súa Tese de Doutoramento, "Polarización e comunicación: a construción social do outro político', dirixida por María Andrade Suárez e Vicente González Radío. 👏🏼

NOVO CICLOAtención a este novo ciclo na facultade: "Galicia, unha ollada sociolóxica".- 5 de novembro:"O sistema socioec...
29/10/2026

NOVO CICLO

Atención a este novo ciclo na facultade: "Galicia, unha ollada sociolóxica".

- 5 de novembro:
"O sistema socioeconómico de Galicia", con Federico Martín Palmero.

- 12 de novembro:
"Galicia latente: socioloxía na identidade cultural galega", con Eduardo Martís.

- 26 de novembro:
"A lingua nun país en movemento", con Bruno Fariñas Pazos.

Portas abertas ☺️

Universidade da Coruña

Un ano máis, colaboramos dende o centro na programación do OUTUBRO SAUDABLE da UDC SaudableHoxe, de 9 a 11h, podes asist...
27/10/2026

Un ano máis, colaboramos dende o centro na programación do OUTUBRO SAUDABLE da UDC Saudable

Hoxe, de 9 a 11h, podes asistir a esta conferencia, tamén con enlace on line.

Portas abertas ☺️

A nosa compañeira, a profesora Belén Fernández Suárez, fala sobre fendas salariais e burocráticas, e sobre como o sistem...
26/10/2026

A nosa compañeira, a profesora Belén Fernández Suárez, fala sobre fendas salariais e burocráticas, e sobre como o sistema condena ás mulleres migrantes á subocupación.

https://efe.com/galicia/2026-10-24/brechas-salariales-y-burocraticas-el-sistema-condena-a-las-migrantes-a-la-subocupacion/?fbclid=IwY2xjawVL7TxleHRuA2FlbQIxMQBwZG9mAXNydGMGYXBwX2lkEDIyMjAzOTE3ODgyMDA4OTIAAR6KxHDvjCfJpdlAyrjXCnuzjRHceUKPE_GnaZZSFRTWAkjaI7TNOqmdqBHufg_aem_IY0L7B4BdytulwlAo6FsIA

Miguel Álvarez | A Coruña (EFE).- La existencia de brechas salariales y burocráticas lleva a un sistema que condena a las migrantes a la subocupación, según explica a EFE Belén Fernández, profesora de Sociología de la Universidad de A Coruña. Este es uno de los temas que aborda, junto a per...

Desde o Decanato compartimos e apoiamos este comunicado dos equipos de investigación da nosa facultade, Grupo De Estudio...
22/10/2026

Desde o Decanato compartimos e apoiamos este comunicado dos equipos de investigación da nosa facultade, Grupo De Estudios Territoriales e Equipo de Investigación Sociedades en Movimiento - ESOMI

VIAXE DE ESTUDOSEstupenda a viaxe de onte co alumnado de 1º do grao en socioloxía!Moitas gracias ás participantes e ás e...
21/10/2026

VIAXE DE ESTUDOS

Estupenda a viaxe de onte co alumnado de 1º do grao en socioloxía!

Moitas gracias ás participantes e ás entidades que nos recibiron!

Socioloxía máis alá das aulas ☺️

Agardámosvos na seguinte!

VIAXE DE ESTUDOS (alumnado de 1º)Mañán, 20 de outubro, viaxaremos a Santiago de Compostela para visitar varios organismo...
19/10/2026

VIAXE DE ESTUDOS (alumnado de 1º)

Mañán, 20 de outubro, viaxaremos a Santiago de Compostela para visitar varios organismos e institucións que dan forma á Galicia de hoxe.

Para o alumnado de 1º e xa inscrito na actividade, lembrarvos que cómpre estar ás 08,45h na porta de abaixo da facultade.

O autobús sairá puntual, ás 09h.

Ata mañá! ☺️

Universidade da Coruña

A  Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade co apoio da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de G...
19/10/2026

A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade co apoio da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, organiza a II Feira de Emprendemento e Emprego 2026 - IIMPULSA-T que se celebrará este xoves 22 de outubro de 2026 en horario de 10:00 a 18:00 h no Pavillón de Deportes - Campus de Elviña.

ATENCIÓN a este Obradoiro de Investigación Creación Aplicada!Marcádeo nas vosas axendas e achegádevos 😉Luns 26 de outubr...
19/10/2026

ATENCIÓN
a este Obradoiro de Investigación Creación Aplicada!

Marcádeo nas vosas axendas e achegádevos 😉

Luns 26 de outubro
Aula 1.4
13-14h.

Novo Seminario na Facultade!O seminario internacional "Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos en...
13/10/2026

Novo Seminario na Facultade!

O seminario internacional "Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques feministas para os estudos das migracións internacionais" ten como obxectivo promover un espazo de debate académico e reflexión crítica en torno ás relacións entre xénero, migracións, coidados e desigualdades globais.

O seminario reunirá investigadoras e especialistas de universidades de 8 países (Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Francia, Portugal e Alemaña), e as relatoras caracterízanse pola súa achega multidisciplinar dentro do campo das ciencias sociais —a socioloxía, a antropoloxía, a ciencia política, os estudos de xénero e a xeografía—. Ademais, contará coa participación de activistas polos dereitos das persoas migrantes, profesionais do terceiro sector e administracións públicas que loitaron, analizaron, lexislaron e traballaron para mellorar e ampliar os dereitos das traballadoras do emprego do fogar en España.

As inscricións para o seminario están abertas e podedes anotarvos a través do enlace que deixamos en comentarios 😉

Dirección

Campus De Elviña S/n
A Coruña
15071

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Socioloxía UDC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Facultade de Socioloxía UDC:

Compartir

Categoría

Universidades cercanos