27/10/2026
🍇🌿 Infraestrutura verde para avanzar cara a unha viticultura máis sostible en Galicia
Este xoves, 29 de outubro, o CICA da Universidade da Coruña acollerá a xornada final de presentación dos resultados da zona experimental de Galicia do proxecto ECOSPHEREWINES.
Durante o encontro presentaranse os resultados da investigación desenvolvida no piloto da IGP Betanzos e a estratexia de infraestrutura verde nos viñedos, así como os retos e as oportunidades para avanzar cara a unha viticultura máis sostible e resiliente.
👨🔬 David Fernández-Calviño, catedrático da Universidade de Vigo e director do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), participará na mesa redonda «Estado actual e perspectivas futuras da investigación en viñedos e infraestrutura verde en Galicia: retos, transferencia de coñecemento e oportunidades de colaboración», como coordinador do Atlantic experimental site do proxecto BIOservicES. No debate tamén intervirán representantes do CSIC, das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña e da adega Paco & Lola (D. O. Rías Baixas).
📍 CICA · Campus de Elviña, A Coruña
📅 Xoves, 29 de outubro
🕘 De 9:45 a 18:30 h