Área de Cultura USC

Cómo llegar Página web

Área de Cultura USC Páxina oficial da Área de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

🎶 Velaquí podes ver un pouco como foi o concerto de Sofia Ros na Casa do Saber do campus de Lugo da Universidade de Sant...
28/10/2026

🎶 Velaquí podes ver un pouco como foi o concerto de Sofia Ros na Casa do Saber do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela !!!

Fotos de

🎶 O venres 13 de novembro teremos concerto de Laura LaMontagne , dentro do novo ciclo ‘Sons de Peto’ !! ✨👏🥰📍 Igrexa da U...
27/10/2026

🎶 O venres 13 de novembro teremos concerto de Laura LaMontagne , dentro do novo ciclo ‘Sons de Peto’ !! ✨👏🥰

📍 Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela , 20.30 h. Acceso de balde e libre ata completar prazas

➡️ O ciclo ‘Sons de Peto’ baséase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducida do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. ‘Sons de Peto’ convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade.

📸 Comezou o Taller de iniciación á fotografía no campus de Lugo, con Alberto Garcia , Ringo Xabier Bruña García , Rosa V...
27/10/2026

📸 Comezou o Taller de iniciación á fotografía no campus de Lugo, con Alberto Garcia , Ringo Xabier Bruña García , Rosa Varela VR e , integrantes da ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA MARUJA ROCA , con moi boa acollida!!! 👏💪

📣🎶 Abrimos o prazo de inscrición no IV Certame de grupos musicais da USC!!! 🥳📆 Podes inscribirte ata o 8 de xaneiro de 2...
26/10/2026

📣🎶 Abrimos o prazo de inscrición no IV Certame de grupos musicais da USC!!! 🥳

📆 Podes inscribirte ata o 8 de xaneiro de 2027

🏆 Primeiro premio, un PREMIAZO!!!: 600 euros + Acceso directo ao Programa de Aceleradora de Bandas do 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 durante un ano (inclúe mentoría e asesoramento para profesionalizar a banda, espazo de ensaio durante todo o curso académico, gravación e masterización dun tema e xira nos concertos do 𝘾𝙀𝙉𝙏𝙍𝙊 𝙓𝙊𝙑𝙀 )
🏆 Segundo premio: 550 euros
🏆 Terceiro premio: 350 euros

📝 Poden participar os membros da comunidade universitaria da USC, de maneira individual ou como grupo. No caso dos grupos, mín. 2 membros teñen que ser da comunidade universitaria ou mín. 3 no caso de grupos de 5 ou máis compoñentes.

🎵🎤 As persoas finalistas actuarán en directo o xoves 8 de abril de 2027 no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, onde se saberá quen gaña

➕ Info na ligazón da nosa bio

AVISO: hai un erro no post. O correcto é: As actividades seleccionadas deberán xestionar o compromiso de gasto antes do ...
23/10/2026

AVISO: hai un erro no post. O correcto é: As actividades seleccionadas deberán xestionar o compromiso de gasto antes do 15 de novembro de 2027 e executarse entre o 20 de febreiro e o 30 de novembro de 2027

📝 Xa está aberto o prazo para solicitar axudas para desenvolver actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da Universidade de Santiago de Compostela !!

📆 Solicitudes ata 12 decembro 2026

➡️ Poden beneficiarse destas axudas os centros da USC (facultades e escolas) e o Consello do Estudantado da USC que presenten actividades a iniciativa de calquera persoa da comunidade universitaria (estudantado, PDI ou PTXAS)

➕ Info na ligazón da nosa bio

🎶 O vindeiro luns comeza o ciclo Músicas a carón da mosqueira do   no campus de Lugo, coa actuación da acordeonista Sofí...
22/10/2026

🎶 O vindeiro luns comeza o ciclo Músicas a carón da mosqueira do no campus de Lugo, coa actuación da acordeonista Sofía Ros!!

📆 26 outubro: Sofia Ros , acordeón
📆 23 novembro: ~ BRISALIA ~ , soprano e piano
📆 30 outubro: Pedro López Salas , piano

📍 Casa do Saber , 20.15 h. Acceso libre e de balde

➕ Info na ligazón da nosa bio

📽️ O vindeiro mércores 4 de novembro, ás 20.30 h, teremos a O Faiado no   , con La Pato 🦆 e Leti ✨ como convidadas para ...
21/10/2026

📽️ O vindeiro mércores 4 de novembro, ás 20.30 h, teremos a O Faiado no , con La Pato 🦆 e Leti ✨ como convidadas para falar da problemática da vivenda!!

📍 Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela . Acceso libre e de balde ata completar a capacidade do espazo

📸 Comezou o curso ‘Narrativa visual: curso de fotografía documental’ impartido por V.Casteleiro, Óscar Corral e Brais Lo...
21/10/2026

📸 Comezou o curso ‘Narrativa visual: curso de fotografía documental’ impartido por V.Casteleiro, Óscar Corral e Brais Lorenzo,integrantes do colectivo Ollo, e que está tendo lugar na Fonoteca da Facultade de Ciencias da Comunicación - USC do campus de Santiago da Universidade de Santiago de Compostela… con todas as prazas cubertas!!! 👏💪

🗣️ Xa está aberto o prazo de matrícula para asistir aos encontros ‘Memoria democrática’ no campus de Lugo da Universidad...
20/10/2026

🗣️ Xa está aberto o prazo de matrícula para asistir aos encontros ‘Memoria democrática’ no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela , con María Valcárcel Tabernero, profesora da Universidade de Santiago de Compostela e xornalista cultural!

📆 26 de outubro, 30 de novembro e 14 de decembro

➡️ O obxectivo deste encontros é reconstruir a memoria democrática a través das vivencias das persoas, imaxes e as construcións que habitaron eses espazos. A nosa viaxe comeza na rúa da Praciña da Universidade e os seus aledaños.

➕ Info na ligazón da nosa bio

📸 ‘Casas’ é a temática arredor da que xira o Maratón Fotográfico do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compo...
20/10/2026

📸 ‘Casas’ é a temática arredor da que xira o Maratón Fotográfico do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compostela que esta fin de semana chegou á súa edición número 32!

➡️ Preto de medio cento de persoas participantes realizaron fotografías para acadar algúns dos tres premios ofertados: Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto, Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía de tema libre, así como o Premio do Público. O xurado deste ano está composto por Eduardo Ochoa, Teresa Valcárcel e Adra Pallón .

Foto de

Dirección

Santiago De Compostela E Lugo
Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Área de Cultura USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría

Universidades cercanos