Terceira Xeración Grupo de Investigación USC

Llamar Cómo llegar Página web

Terceira Xeración Grupo de Investigación USC Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Terceira Xeración Grupo de Investigación USC, Universidad, Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n. Campus Vida., Santiago de Compostela.

Integrantes do Grupo TeXe contribuíron ao debate sobre vivenda, exclusión social e participación cidadá no foro organiza...
22/10/2026

Integrantes do Grupo TeXe contribuíron ao debate sobre vivenda, exclusión social e participación cidadá no foro organizado por Solidariedade Internacional de Galicia (SIG)

Representantes de institucións e organizacións sociais e municipais de Galicia e Guatemala reflexionaron este mércores 21, no Centro de Estudos Avanzados da USC, sobre o dereito á vivenda digna e o papel dos gobernos locais como garantes de dereitos. O foro de intercambio ‘Vivenda, exclusión social e participación cidadá. O papel dos municipios como garantes de dereitos’, organizado por Solidaridade Internacional de Galicia (SIG), a Asociación Solidaridad para el Desarrollo y la Paz (SODEPAZ) e MEJORHA, entidade da sociedade civil de Guatemala, enmárcase nos procesos de transferencia de aprendizaxes e experiencias promovidos pola cooperación internacional....

Representantes de institucións e organizacións sociais e municipais de Galicia e Guatemala reflexionaron este mércores 21, no Centro de Estudos Avanzados da USC, sobre o dereito á vivenda digna e …

Participación na IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación DocenteAs profesoras Mª Esther Olveira Olveira e Mar...
21/10/2026

Participación na IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente

As profesoras Mª Esther Olveira Olveira e María González Blanco, participarán na IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID)organizada polas tres universidades públicas galegas (UDC, USC e UVIGO).Neste encontro presentarán varios traballos relacionados coas liñas de investigación que desenvolven dentro do grupo TeXe e co traballo académicoque realizan na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Esta xornada desenvolverase en formato híbrido (presencial na UDC e en liña).Para máis información pode consultarse a ligazón da web da IV XIGAID:

As profesoras Mª Esther Olveira Olveira e María González Blanco, participarán na IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID)organizada polas t…

A profa. Silvana Longueira Matos impartíu a conferencia de apertura das “XII Xornadas de Innovación Educativa” na Univer...
30/07/2026

A profa. Silvana Longueira Matos impartíu a conferencia de apertura das “XII Xornadas de Innovación Educativa” na Universidade de Valencia

O martes 21 de xullo a profesora Silvana Longueira Matos foi a encargada de impartir a conferencia de apertura das XII Xornadas de Innovación Educativa na Universidade de Valencia cunha conferencia titulada Educar per a un futur sostenible: la incorporació de la sostenibilitat en les titulacions universitàries. Fonte: Grupo TEXE.

O martes 21 de xullo a profesora Silvana Longueira Matos foi a encargada de impartir a conferencia de apertura das XII Xornadas de Innovación Educativa na Universidade de Valencia cunha conferenci…

O GI-TeXe leva colaborando con AGARESO desde hai catro anos, unha das entidades de referencia no ámbito da comunicación ...
29/07/2026

O GI-TeXe leva colaborando con AGARESO desde hai catro anos, unha das entidades de referencia no ámbito da comunicación para o cambio social en Galicia. Esta colaboración resulta especialmente valiosa para o noso grupo, xa que favorece espazos de reflexión e diálogo enriquecedores, ao tempo que nos permite manter un contacto directo coa realidade social e educativa, así como cos desafíos e temáticas emerxentes que están a marcar a práctica educativa na actualidade.

Neste caso presentamos unha infografía derivada da colaboración do curso 2025-2026 que xerou novas discusións sobre a Educación para a Cidadanía Global, a infodemia, a educación dixital e mediática dentro do grupo, co noso alumnado, co equipo técnico da entidade e co alumnado e o profesorado dos Centros Educativos de Educación Secundaria onde se desenvolve o proxecto EpDLab en Galicia.

Grazas pola oportunidade!

Para máis información: https://texe.gal/epdlab/

Nelly Fortes González acada a máxima cualificación Cum Laude na defensa da súa tese de doutoramento sobre a colaboración...
28/07/2026

Nelly Fortes González acada a máxima cualificación Cum Laude na defensa da súa tese de doutoramento sobre a colaboración entre institucións artísticas e escolas

A investigadora Nelly Fortes González, membro do grupo de investigación Terceira Xeración, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada Formatos de colaboración entre institucións artísticas e escolas. Un estudo interpretativo dende a pedagoxía das artes, obtendo a máxima cualificación académica de Sobresaliente Cum Laude. A investigación constitúe unha achega relevante ao campo da educación artística ao analizar e interpretar os diversos modelos de colaboración que se desenvolven entre centros educativos e institucións artísticas e culturais....

A investigadora Nelly Fortes González, membro do grupo de investigación Terceira Xeración, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada Formatos de colaboración entre inst…

Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en ...
29/06/2026

Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en el cumplimiento del ODS 4: Derecho a la educación de calidad” que se celebrará en liña

O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da sociedade civil e cidadanía en xeral comprometidas co dereito a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4 (ODS 4) e cos dereitos dixitais. As persoas participantes compartirán as súas experiencias, proxectos, boas prácticas e iniciativas relacionadas coa investigación aplicada, a innovación educativa, as metodoloxías de aprendizaxe con compoñente comunitario e as accións de mobilización cidadá polo dereito humano á educación....

O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da…

Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Amb...
16/06/2026

Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Ambiental.

Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e benestar. Nel, o noso compañeiro Marcos Pequeño Goris presentou dúas comunicacións: “A Educación para a cidadanía global en Galicia. Unha análise diacrónica do estado da cuestión” e “Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global. Unha ollada desde a pedagoxía”. A primeira das comunicacións refírese a un estudo sobre a ECG en Galicia. Fonte: Grupo TEXE.

Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e …

A profesora e compañeira do Grupo TEXE Silvana Longueira Matos estará entre as panelistas do conversatorio en liña “Educ...
01/06/2026

A profesora e compañeira do Grupo TEXE Silvana Longueira Matos estará entre as panelistas do conversatorio en liña “Educación ambiental para la sustentabilidad: retos y perspectivas”

Participa en el conversatorio en línea "Educación ambiental para la sustentabilidad: retos y perspectivas" que se realizará dentro de las actividades de la Semana del Medio Ambiente 2026 en el marco de la celebración del 🌳🐻🌳
📆 2 de junio de 2026
⏰ 13:00 horas
🏫 Facebook live UANL Sustentable
¡Participa y comparte!

Actividade de fin de curso co alumnado de ópera do IV Ciclo do Campus de LugoO xoves 28 de maio, dentro do marco da mate...
29/05/2026

Actividade de fin de curso co alumnado de ópera do IV Ciclo do Campus de Lugo

O xoves 28 de maio, dentro do marco da materia “A ópera dos séculos XVII-XXI: teatro e cine”, coordinada e impartida polas docentes D.ª María González Blanco e D.ª Lusine Grigoryan Zohrabyane pertencente ao plan de estudos do Diploma Sénior en IV Ciclo no Campus de Lugo, levamos a cabo como actividade de fin de curso unha charla e concerto de órgano na Catedral de Lugo....

O xoves 28 de maio, dentro do marco da materia “A ópera dos séculos XVII-XXI: teatro e cine”, coordinada e impartida polas docentes D.ª María González Blanco e D.ª Lusine Grigoryan …

O "VIII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED)" celebrarase en Santiago de  Compostela do 28 ao 30 de ...
08/05/2026

O "VIII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED)" celebrarase en Santiago de Compostela do 28 ao 30 de octubro de 2026
https://texe.gal/viii-congreso-cied/

Dirección

Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, S/n. Campus Vida.
Santiago De Compostela
15782

Teléfono

+34881813771

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Terceira Xeración Grupo de Investigación USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Universidades cercanos