Universidade de Santiago de Compostela

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la universidad

Universidade de Santiago de Compostela Dámosche a benvida á Universidade de Santiago de Compostela. Somos unha universidade pública, aberta ao coñecemento, á investigación e á sociedade.

A Fundación Adecco e o Club de Excelencia en Sustentabilidade entregou os galardóns correspondentes á novena edición dos...
29/10/2026

A Fundación Adecco e o Club de Excelencia en Sustentabilidade entregou os galardóns correspondentes á novena edición dos Premios de Diversidade e Inclusión. O acto tivo lugar na Sala Constitucional do Congreso dos Deputados e reuniu destacadas personalidades e organizacións comprometidas coa construción dunha sociedade máis inclusiva.

Emma Mayo, profesora e membro do Instituto de Pisicoloxía (IPsiUS) da USC, recibiu, xunto con Adela Cortina, o Premio Honorífico ao Liderado Inclusivo, en recoñecemento á súa traxectoria e compromiso coa inclusión, a equidade e o benestar psicosocial das persoas en situación de vulnerabilidade, especialmente nos ámbitos educativo e universitario.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/emma-mayo-premio-honorifico-liderado-inclusivo

Comunicado oficial da Universidade de Santiago de Compostela en relación co tráxico accidente ferroviario acontecido en ...
28/10/2026

Comunicado oficial da Universidade de Santiago de Compostela en relación co tráxico accidente ferroviario acontecido en Toledo.

Un equipo liderado polo investigador Manuel Nappi, do CiQUS-Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Mol...
27/10/2026

Un equipo liderado polo investigador Manuel Nappi, do CiQUS-Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, acaba de desenvolver unha nova reacción sintética para unir moléculas ao ADN.

Varios estudos realizados en colaboración con AstraZeneca demostran a compatibilidade do método con bibliotecas de compostos codificados por ADN, unha ferramenta utilizada na procura de novos fármacos.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/ciqus-logra-reaccion-quimica-construir-bibliotecas-moleculas-codificadas-adn

A USC incorpora ao seu patrimonio o legado artístico de Xoán Braxe “asumindo a responsabilidade de coidalo, estudalo e c...
26/10/2026

A USC incorpora ao seu patrimonio o legado artístico de Xoán Braxe “asumindo a responsabilidade de coidalo, estudalo e contribuír a que sexa coñecido e valorado”.

A reitora Rosa M. Crujeiras pronunciou estas verbas no acto de doazón, a través dun comodato, de dez pezas que a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu este luns 26 e que serviu para poñer en valor a figura deste creador, “un artista cunha traxectoria singular, marcada pola liberdade creativa e por unha profunda sensibilidade social”.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/ciencias-economicas-empresariais-recibe-legado-artistico-xoan-braxe

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; a alcaldesa de San...
26/10/2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitaron esta fin de semana Ciencia Singular xunto á reitora Rosa Crujeiras.

Esta iniciativa achega cada ano a miles de persoas o labor científico punteiro que se desenvolve na USC, sobre todo, entre a cativada.

Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil, que levan traballando xuntos dende 2012, expoñen na Ig...
22/10/2026

Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil, que levan traballando xuntos dende 2012, expoñen na Igrexa da Universidade a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba T***a'.

Nesta exposición, despregan unha linguaxe pictórica de corte figurativo, atravesado por ecos surrealistas e por un virtuosismo neomanierista que fai da colaxe, a fusión e o desprazamento entre códigos unha forma de pensamento. Nas súas imaxes conviven o deseño contemporáneo, os fanzines, os mass media e unha estética de raíz academicista, configurando unha cartografía onde o narrativo ábrese cara a unha dimensión simbólica.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/bravu-achegan-igrexa-proposta-agora-terras-millo-onde-troia

Dirección

Praza Do Obradoiro, S/N
Santiago De Compostela
15707

Teléfono

+34881810000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Universidade de Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Universidad

Enviar un mensaje a Universidade de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría

Universidades cercanos